O GDR aproba as axudas Leader 2023_24 con cerca de 600.000 euros para proxectos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar este venres os proxectos da convocatoria 2023/24 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2023, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2023/24 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.838.837,33 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 46,58 empregos (UTAS) dos cales 7,75 empregos serán de nova creación e 38,83 de consolidación. A proposta de axuda pública total concedida de 583.580,06 euros será cofinanciada con fondos do FEADER (75%), AGADER (22,5%) e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).