Limitacións sectoriais

O GDR debe respectar as limitacións establecidas no réxime de axudas, co obxectivo de garantir a complementariedade e a coherencia con outros programas de financiamento ou liñas de axuda, que poden existir no territorio. Para isto respectará os correspondentes convenios que se establezan con outras entidades. As limitacións para a selección de proxectos son:

  • Actividades ou establecementos turísticos. Respectarase o convenio entre Agader e a Axencia de Turismo de Galicia para o Leader 2014-2020, o cal deberá terse en conta á hora de promover calquera iniciativa de hostalería, restauración, hospedaxe, servizos turísticos etc.
  • Sector das enerxías renovables. Quedan excluídos de financiamento, calquera tipo de investimentos en enerxías renovables que impliquen a venda á rede.
  • Sector servizos. Serán elixibles os investimentos de nova creación, modernización ou ampliación, en actividades económicas do sector servizos, coas seguintes condicións:
    • Para o financiamento dunha actividade de nova creación neste sector, terase en conta a inexistencia de servizos iguales ou similares no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de actividades innovadoras, de ampliar a oferta de servizos e de contribuír a súa viabilidade. Cando exista un servizo das mesmas características no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, non se financiará outro igual ou similar. Este aspecto acreditarase, mediante o correspondente certificado emitido polas entidades locais, en función do epígrafe do imposto de actividades económicas (IAE) correspondente. No caso de que exista algún servizo co mesmo epígrafe, pero a actividade que se propoña desenvolver teña un carácter diferencial ou novidoso, poderase financiar con carácter excepcional, sempre e cando quede demostrado no plan de empresa, plan de xestión, ou outra documentación técnica, as características singulares ou diferenciais que motivan tal decisión.
    • Ademais para o financiamento de proxectos de nova creación ou de modernización ou ampliación de establecementos en funcionamento, quedan excluídas as seguintes actividades segundo os epígrafes do IAE:

ACTIVIDADES DE SERVIZOS EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:7 TRANSPORTE E COMUNICACIONS
Quedan excluídas de financiamento as seguintes actividades:71 TRANSPORTE POR FERROCARRIL72 OUTROS TRANSPORTES TERRESTRES73 TRANSPORTE MARITIMO E VIAS NAVEGABLES INTERIORES74 TRANSPORTE AEREO75 ACTIVIDADES ANEXAS AOS TRANSPORTES761 SERVIZOS TELEFONICOS
ACTIVIDADES DE SERVIZOS EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:8 INSTITUCIONS FINANCEIRAS. SEGUROS, SERVIZOS A EMPRESAS E ALUGUERES
Quedan excluídas de financiamento as seguintes actividades:82 SEGUROS83 AUXILIARES FINANCEIROS E DE SEGUROS. ACTIVIDADES INMOBILIARIAS85 ALUGUER DE BENS MOBLES8436 INSPECCION TECNICA DE VEHICULOS847 SERVIZOS INTEGRAIS DE CORREOS E TELECOMUNICACIÓNS8491 COBROS DE DÉBEDAS E CONFECCION FACTURAS8495 SERVIZOS RECAD., REPARTICIÓN E MANIPULACION CORRES8496 SERV. COLOCACION E SUBMINISTRACIÓN DE PERSOAL86 ALUGUER DE BENS INMOBLES
ACTIVIDADES DE SERVIZOS EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:9 OUTROS SERVIZOS
Quedan excluídas de financiamento as seguintes actividades:913 SERVIZOS RELACIONADOS COA PESCA E A ACUICULTURA9312 ENSINO EDUCACION XENERAL BASICA9313 ENSINO BACHARELATO, F.P., E COU.9314 ENSINO REGULADO (PREESC, EGB, BUP, FP, COU)9315 ENSINO DE EDUCACION SUPERIOR934 ENSINO FÓRA DE ESTABLECEMENTO PERMANENTE9351 COLEXIOS MAIORES9352 RESIDENCIAS DE ESTUDANTES9411 HOSPITAIS XERAIS9412 HOSPITAIS ESPECIALIZADOS964 SERVIZOS DE RADIODIFUSION, TELEVISION E SERVIZOS DE LIGAZÓN E TRANSMISION DE SINAIS DE TELEVISION9653 ESPECTACULOS FOSE ESTABLECEMENTO9655 ESPECTACULOS TAURINOS968 ESPECTACULOS DEPORTIVOS9691 SALAS DE BAILE E DISCOTECAS9692 CASINOS DE XOGO9693 XOGOS DE BINGO9694 MAQUINAS RECREATIVAS E DE AZAR9696 SALÓNS RECREATIVOS E DE XOGO9697 OUTRAS MAQUINAS AUTOMATICAS.982 TOMBOLAS, ESPECTACULOS E XOGOS PROPIOS DE FEIRAS E VERBENAS, ...991 PRESTACION DE SERVIZOS POR SOCIEDADES DE DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL REXIONAL

 

 

  • Sector do comercio polo miúdo. Non serán elixibles os investimentos de mellora ou ampliación dos establecementos en funcionamento de comercio polo miúdo. Os investimentos de nova creación en actividades económicas de comercio polo miúdo, serán elixibles, coas seguintes condicións:
    • Para o financiamento das actividades de comercio polo miúdo de nova creación, terase en conta a inexistencia de actividades comerciais, iguales ou similares no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de actividades innovadoras, de ampliar a oferta comercial e de contribuír a viabilidade dos negocios. Cando exista unha actividade de comercio polo miúdo das mesmas características no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, non se financiará outra igual ou similar. Este aspecto acreditarase, mediante o correspondente certificado emitido polas entidades locais, en función do epígrafe do imposto de actividades económicas (IAE) correspondente. No caso de que exista algún comercio co mesmo epígrafe, pero a actividade que se propoña desenvolver teña un carácter diferencial ou novidoso, poderase financiar con carácter excepcional, sempre e cando quede demostrado no plan de empresa, plan de xestión, ou outra documentación técnica, as características singulares ou diferenciais do modelo de negocio que motivan tal decisión.
    • Ademais quedarán excluídas as actividades comerciais polo miúdo, segundo os seguintes epígrafes do IAE :

 

ACTIVIDADES DE COMERCIO POLO MIÚDO EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:6 COMERCIO, RESTAURANTES, HOSPEDAXE, REPARACIÓNS
631 INTERMEDIARIOS DO COMERCIO6431 COM. MEN. PEIXES6432 COM. MEN. BACALLAU E SALGADURAS6461 COM. MEN. TABACOS EN EXPENDEDURíA6462 COM. MEN. TABACO EXTENSIÓNS TRANSITORIAS6463 COM. MEN. TABACO EN EXPENDEDURÍAS COMPLEMENTARIAS6464 COM. MEN. TABACO CON VENDA POR RECARGA6465 COM. MEN. TABACO MAQUINAS AUTOMÁTICAS6466 COM. MEN. TABACOS VENDA NON ESTANCADA6467 COM. MEN. ARTICULOS FUMADORES POR MINUSV.6468 COM. MEN. ARTICULOS PARA FUMADORES6475 PTOS. ALIMENTICIOS E BEB. MAQUINAS. Ver nota 1.6541 COM. MEN. VEHICULOS TERRESTRES6543 COM. MEN. VEHICULOS AEREOS6544 COM. MEN. VEHICULOS FLUVIAIS E MARITIMOS655 COMERCIO POLO MIÚDO DE COMBUSTIBLES, CARBURANTES E LUBRICANTES66 COM. MIXTO INTEGRADO; AMBULANCIA, MERCADILLOS, EXPOSITORES EN DEPOSITO,POR CORREO. Ver nota 1.
NOTA1. Esta actividade permitirase sempre e cando a venta dos produtos se realice no territorio do GDR e sexa de produtos procedentes de produtores locais.

 

 

  • Maquinaria de servizos agrarios ou forestais. Queda excluído o financiamento de maquinaria para a realización de servizos agrarios e/ou forestais.
  • Centros sociais. Contemplarase o investimento para construción, acondicionamento e/ou equipamento de centros sociais, tendo en consideración as necesidades de creación de novos locais sociais, ou de reforma ou ampliación de locais sociais xa existentes reflectidos na estratexia de desenvolvemento local e as limitacións orzamentarias do programa de axudas, en concreto:
    • Medida: Accións dirixidas ao acondicionamento e/ou rehabilitación de edificacións existentes (casas reitorais, escolas unitarias, etc.) e mobiliario e equipamentos necesarios para os novos requirimentos de servizos e usos, sociais, culturais etc., no ámbito rural (ludotecas, locais sociais, etc).
  • Estudos, edición de materiais ou páxinas web. Respectarase o límite máximo de 10.000 euros de axuda por proxecto previsto nas bases reguladoras.