Beneficiarios

Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das axudas:

  1. As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
  2. As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  3. As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Non poderán ser beneficiarias as seguintes entidades:

  1. As agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.
  2. As empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
  3. As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
  4. As empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.