Creación de centro de día (Virxe do Carme)

  • Promotor: Centro de día Rosales, S.L.
  • Localización: As Barxas, núm.14 - Redondo. Virxe do Carme (Moaña)
  • Orzamento: 234.293,29 €
  • Axuda Aprobada: 105.431,98 €

Proxecto de creación dun centro de día na parroquia Virxe do Carme de Moaña, como empresa que ofrece servizos de atención e asistencia diúrna a persoas maiores con necesidades de coidados; en especial, os servizos básicos de atencións sociais, sanitarias e de apoio ás persoas e familiares encamiñados á mellora da actividade habitual, a facilitar a súa autonomía, aseo e hixiene persoal, etc.; ademais dos servizos de terapia fisioterapéutica, transporte, comedor, perruquería, podólogo e actividades complementarias (obradoiros, etc.)

Este novo centro está deseñado para acadar un número previsto de 60 prazas de atención a maiores, nunha superficie útil de 294m2 distribuídos en: despacho de dirección, sala de curas, zona de rehabilitación/fisioterapia, sala polivalente (para actividades de manualidades, lectura e descanso e de estar-comedor), zona de cociña con despensa, perruquería, vestiarios privados para o persoal/lavandería e baños adaptados, xunto cunha zona de recepción/control-información.

 

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30