O evento celebrarase o vindeiro venres 7 de outubro ás 17.30 no Museo Meirande de Redondela. Abrirá o faladoiro o sumiller Luis Paadín, sumiller, autor da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022», cun relatorio titulado «Retos nun mercado cambiante: posicionamento das IXP». Juan Carlos Vázquez Abal, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), continuará poñendo o foco nos retos para unha viticultura sostible nos nosos días. O mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional Xavier Blanco, da Fundación Legar, abordará nunha actuación musical a representación da música tradicional na cultura do viño. O evento rematará coa degustación de viños galegos con IXP. O…