O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron xunto co alcalde de Soutomaior e o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo a nova sede da empresa FrutoDS.

Este proxecto, consistente na ampliación e modernización dun estudo de deseño de produto e industrial no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo. As novas instalacións, que moveron un orzamento de 262.516,60 €, albergan unha oficina técnica e novas áreas como un laboratorio de I+D+I e un amplo espazo de obradoiro de 81.2m2, que xunto coas impresoras 3D e equipamento específico, lles permite: a produción de pezas a través da tecnoloxía 3D para o prototipado dos produtos, a montaxe dos prototipos deseñados, a realización das probas “in situ” e almacenaxe, mellorando a produtividade, e acadando unha maior eficiencia e calidade no proceso produtivo.

O director xeral de Agader destacou a necesidade de dotar ao rural galego dos mesmos servizos cos cidadáns poden ter nas urbes para mellorar a calidade de vida da poboación e a importancia deste tipo de proxectos para dinamizar o rural, facelo atractivo e ademais xerar unha actividade económica. Así mesmo, aproveitou a ocasión para recordar que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para a nova convocatoria de axudas Leader. Así, os interesados en optar a unha subvención poden enviar os seus proxectos ata o 31 de marzo ao GDR.

Publicado en novas

ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (GDR 15) veñen de asinar un convenio financeiro co fin de promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial dos concellos pontevedreses que integran a asociación: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa.

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores das comarcas pertencentes ao GDR accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os asociados contarán con produtos específicos de ABANCA co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas: pólizas de crédito, préstamos persoais, leasing mobiliario, confirming, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O plan tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.

Publicado en novas

Visita dos integrantes do curso "Xestión Sustentable do Monte e Producións Alternativas" á Comunidade de montes de O Carballo (Friol). Os participantes puideron coñecer de primeira man o traballo dos comuneiros, que non só se adican ó aproveitamento da madeira, senón tamén á apicultura, á recollida de cogomelos e de resina e a cría de cabalos e porcos celtas.

Publicado en novas

Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos.

Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.

Publicado en novas