Dende este mércores 18 de xullo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo o vindeiro mes de setembro.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2018)” de 70 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de setembro son:
Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.
Os cursos, que incluen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
Inscrición gratuíta no telefono de contacto 986 108 144 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Hoxe, os participantes na xornada sobre "Fórmulas de emprendemento cooperativo e colaborativo", comprendida dentro do programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" que este GDR está a desenvolver, visitaron as adegas Moraima e Paco & Lola para coñecer de primeira man dous exemplos de cooperativa vitícola.
Agradecer as dúas adegas a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa iniciativa cooperativista e a posterior visita guiada ás instalacións.
O 26 e 27 de maio celébrase a VII Mostra do Viño de Vilaboa na que se concentrarán os colleiteiros locais para por en valor os viños da terra. Esta será a primeira que se faga baixo a cobertura da IXP Ribeiras do Morrazo, a que pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, e contará con numerosas actividades que terán lugar ao longo da fin de semana entre as que destaca a I Cata profesional das adegas da IXP.
O lugar de celebración será o Adro das festas de Santa Cristina de Cobres.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, en colaboración coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.
No ano 2017 iniciouse un programa formativo de carácter práctico, para impulsar a participación activa dos axentes implicados no seu desenvolvemento e a articulación da citada indicación xeográfica protexida Viños do Morrazo, cun enfoque eminentemente ascendente. Para isto, realizouse unha proposta de traballo que conxugou accións formativas diversas para reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, fortalecendo deste xeito á propia figura de protección da calidade.
O programa formativo do 2018 pretende dinamizar o sector vitivinícola, potenciando os seus coñecementos e o traballo en conxunto en torno ao que este selo de calidade supón. Este realizarase dende o mes de maio ata o de setembro, en diferentes localidades do territorio da IXP.
Esta proposta de traballo basease nunha metodoloxía de formación-acción, que ten como obxectivo fundamental o de realizar un programa formativo de carácter práctico, que impulse a participación activa dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.
Os principais obxectivos que persegue o programa formativo 2018 son:
Programa formativo