Martes, 17 Xullo 2018 08:01

Xestión agroforestal sustentable

Dende este mércores 18 de xullo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo o vindeiro mes de setembro.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2018)” de 70 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:

  • Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
  • Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de setembro son:

  1. Agricultura ecolóxica (22 h)
  2. Gandería ecolóxica (16 h)
  3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (22 h)
  4. Sector ecolóxico: Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (10 h)

Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que incluen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

Inscrición gratuíta no telefono de contacto  986 108 144 ou a través do  correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Publicado en novas

Hoxe, os participantes na xornada sobre "Fórmulas de emprendemento cooperativo e colaborativo", comprendida dentro do programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" que este GDR está a desenvolver, visitaron as adegas Moraima e Paco & Lola para coñecer de primeira man dous exemplos de cooperativa vitícola.

Agradecer as dúas adegas a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa iniciativa cooperativista e a posterior visita guiada ás instalacións.

Publicado en novas
Martes, 22 Mai 2018 16:32

VII Mostra do viño de Vilaboa

O 26 e 27 de maio celébrase a VII Mostra do Viño de Vilaboa na que se concentrarán os colleiteiros locais para por en valor os viños da terra. Esta será a primeira que se faga baixo a cobertura da IXP Ribeiras do Morrazo, a que pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, e contará con numerosas actividades que terán lugar ao longo da fin de semana entre as que destaca a I Cata profesional das adegas da IXP.

O lugar de celebración será o Adro das festas de Santa Cristina de Cobres.

Publicado en novas

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, en colaboración coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.

No ano 2017 iniciouse un programa formativo de carácter práctico, para impulsar a participación activa dos axentes implicados no seu desenvolvemento e a articulación da citada indicación xeográfica protexida Viños do Morrazo, cun enfoque eminentemente ascendente. Para isto, realizouse unha proposta de traballo que conxugou accións formativas diversas para reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, fortalecendo deste xeito á propia figura de protección da calidade.

O programa formativo do 2018 pretende dinamizar o sector vitivinícola, potenciando os seus coñecementos e o traballo en conxunto en torno ao que este selo de calidade supón. Este realizarase dende o mes de maio ata o de setembro, en diferentes localidades do territorio da IXP.

Esta proposta de traballo basease nunha metodoloxía de formación-acción, que ten como obxectivo fundamental o de realizar un programa formativo de carácter práctico, que impulse a participación activa dos axentes implicados no desenvolvemento e  articulación da citada indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.

Os principais obxectivos que persegue o programa formativo 2018 son:

  1. Continuar reforzando e empoderando ao sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo.
  2. Mellorar os coñecementos e a capacitación profesional das persoas participantes, para acadar un sector vitícola e vinícola, máis dinámico, moderno e proactivo.
  3. Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento ligadas a modelos, como por exemplo o cooperativo.
  4. Reforzar e dar a coñecer ao propio sector, coa realización de diferentes actividades, en diferentes concellos da zona territorial que comprende a IXP, e o propio GDR.   

     

      Programa formativo

Calendario 3

Publicado en novas