Dende a publicación no mes de marzo das Bases Reguladoras do novo LEADER, o GDR Pontevedra-Morrazo puxo en marcha os traballos de elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo coa finalidade de deseñar un plan de acción para os próximos cinco anos que servirá de folla de ruta para promover a ocupación sustentable do territorio, a creación e mantemento do emprego, a diversificación económica e a mellora da calidade de vida do noso entorno rural.

 Para a elaboración da estratexia contémplase a realización de varios Foros e Mesas Sectoriais, cun dobre obxectivo: elaborar o documento da estratexia de desenvolvemento desta zona rural, e promover a participación activa de entidades e axentes na súa elaboración e futura implementación.

O proceso, que se desenvolverá entre os meses de abril e xuño, arrancará cun Foro inicial no que se abordarán as principais problemáticas e retos do territorio, co obxectivo de afondar na análise diagnóstica do mesmo. Posteriormente realizaranse reunións das diferentes mesas sectoriais, para artellar a proposta estratéxica de actuación para elaborar a Estratexia Local. Para rematar, realizarase a principios de xuño, un Foro no que se presentará a estratexia e se validará a mesma por parte de todas as persoas que participaron na súa elaboración.

A participación nestes espazos é aberta, dirixíndose principalmente ás entidades do ámbito agroforestal, de turismo, de medio ambiente , organizacións de empresarios e profesionais, institucións locais, e entidades xuvenís, culturais, de acción social etc. así como á cidadanía en xeral.  www.facebook.com/gdr15pontevedramorrazo/

Bases reguladoras para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Local, para a selección e recoñecemento dos Grupos de Desenvolvemento Rural como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Local (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. 

O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, conta cun orzamento total  de  1.186,4 millóns EUR de fondos públicos (889,8 millóns EUR con cargo a UE, e 296,6 millóns EUR de cofinanciación nacional).

No Marco do PDR de Galicia, A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de Bases Reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader.

O Leader Galicia 2014-2020 contará cun orzamento global de 84 millóns de euros para pequenos investimentos dirixidos á diversificación das actividades non agrícolas,  ao reforzo dos servizos básicos e ás infraestruturas colectivas de pequena escala, á mellora das condicións de vida da poboación rural , e para á creación de emprego e de novas oportunidades empresariais.

Novo mapa LEADER Galicia 2014-2020

Estatutos sociais modificados GDR Pontevedra Morrazo.2016

Bases para a selección e contratación do equipo xestor do GDR Pontevedra Morrazo

Convocatoria PROBA ESCRITA para Técnico/a e Administrativo/a

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de San Martín de Vilaboa coa finalidade de ampliar os espazos e os equipamentos deportivo-saudables da parroquia dotándoa de infraestructuras de uso recreativo de libre acceso, mediante dúas actuacións complementarias:

- Creación dunha área biosaudable no lugar de Paredes que constará dun circuito completo de 7 aparellos de entrenamento, sendo 1 elemento para persoas con mobilidade reducida, ademais de sinalización cun cartel sobre usos e beneficios físicos.

- Creación dunha pista deportiva de fútbol no lugar de Postemirón, xunto a Casa de Cultura e complementando o parque infantil existente na parcela.

Dereitos e obrigas coma Socio do GDR Pontevedra - Morrazo
Dereitos dos asociados.

Os asociados teñen os seguintes dereitos:

  • Elixir e ser elixidos para formar parte da xunta directiva e doutros órganos que se poidan crear.
  • Participar con voz e con voto na asemblea xeral.
  • Obter información sobre calquera aspecto da marcha da asociación que lle poda resultar de interese.
  • Os demais que resulten das normas legais e dos estatutos da asociación, ou dos acordos validamente adoptados polos seus órganos sociais.
  • Participar nas actividades da asociación.
  • Ser oídos con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser informados dos feitos que dean lugar a tales medidas.
  • Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou aos estatutos.

Para poder participar na asemblea xeral e nas actividades da asociación será necesario estar ao corrente no pagamento das cotas.
 

Obrigas dos asociados.

Son obrigas dos asociados:

  • Satisfacer a cota de entrada e a de mantemento se esta estivese fixada.
  • Asistir ás asembleas xerais e acatar os estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.
  • Ocupar os cargos para os que resulten elixidos e desempeñar fielmente as obrigas inherentes a ditos cargos.
  • Participar e realizar cantas tarefas lles sexan encomendadas pola asemblea xeral, a xunta directiva, as mesas sectoriais das que formen parte ou outros órganos que se creen.
  • Ausentarse nos debates e votacións sobre asuntos nos que teñan interese directo por motivos de titularidade, económicos ou societarios, de parentesco até o terceiro grao de consanguinidade, afinidade ou adopción, ou de amizade íntima ou inimizade manifesta.
  • Fomentar os obxectivos que promove a asociación.
  • Cumprir os demais deberes que resulten dos preceptos legais e estatutarios ou dos acordos validamente adoptados polos órganos sociais.
Como participar coma Socio do GDR Pontevedra - Morrazo

Para que unha entidade teña a condición de asociado deberá figurar na lista de fundadores ou ben, unha vez constituída a asociación, solicitar o ingreso mediante un escrito dirixido ao presidente no que manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e de comprometerse coa consecución dos fins estatutarios. Debe xuntar, ademais, un acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado e a persoa, titular e suplente, que a representará na asociación.

Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso, que pode descargar na parte inferior, xunto coa seguinte documentación:

  • Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
  • Acordo do órgano competente nomeando as persoas representantes da asociación: Titular e Suplente.
  • Copia dos Estatutos
  • Copia da Acta de Constitución e  acreditación rexistro de asociacións
  • Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. dos representantes (Titular e Suplente)
  • Acreditación dun ano de actividade no territorio

Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial

Cando unha entidade solicite a entrada no GDR deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da asociación.

O presidente trasladará a solicitude á xunta directiva, que deberá resolver, adscribindo á solicitante a unha das mesas sectoriais, segundo o seu interese preferente. Contra o acordo denegatorio da admisión o solicitante poderá recorrer ante a primeira asemblea xeral que teña lugar, debendo figurar este asunto expresamente na orde do día correspondente.

Documentos asociados:

Descarga PDF Modelo de adhesión como socio do GDR (60 Kb)

Descarga WORD Impreso de delegación de voto en Asamblea Xeral (95 Kb)

Descarga PDF Estatutos GDR Pontevedra Morrazo (2834 Kb)

Mapa e Enlaces as páxinas web dos Concellos que engloba o GDR 15

Ámbito

A asociación, en función dos seus fins, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de actuación formado polos concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades

 

Concellos

 

Concello de Barro
http://www.barro.es

 

Concello de Bueu
http://www.concellodebueu.org

 

Concello de Campo Lameiro
http://www.campolameiro.com

 

Concello de Cangas
http://www.cangas.org

 

Concello de Cotobade
http://www.concellodecotobade.org

 

Concello de A Lama
http://concellodalama.sedelectronica.es

 

Concello de Marín
http://www.concellodemarin.es

 

Concello de Moaña
http://www.concellodemoana.org

 

Concello de Poio
http://www.concellodepoio.es

 

Concello de Ponte Caldelas
http://www.pontecaldelas.org

 

Concello de Pontevedra
http://www.concellopontevedra.es

 

Concello de Vilaboa
http://www.vilaboa.org

Programa Desenvolvemento Rural Pontevedra- Morrazo
 

Candidatura do programa 

Descarga PDF Análise sectorial (0,34 Mb)

Descarga PDF Análise sociodemográfica (0,29 Mb)

Descarga PDF Delimitación territorial (2,19 Mb)

Descarga PDF Elementos culturais (1,16 Mb)

Descarga PDF Indicadores (0,31 Mb)

Descarga PDF Mercado de traballo (0,27X Mb)

Descarga PDF Previsión financeira (0,17 Mb)

Descarga PDF Servizos básicos (0,76 Mb)

Obxectivos

O GDR Pontevedra-Morrazo constitúese en setembro de 2008 como asociación sen ánimo de lucro que pretende servir de núcleo de converxencia e representación de axentes sociais e entidades xurídicas e institucionais, tanto públicas como privadas, interesadas no desenvolvemento rural e integral da zona; dando cumprimento ó principio de "portas abertas" a calquera organización do territorio que desexe participar.

Órganos da Asociación

Colexiados:
  • Asemblea Xeral
  • Xunta Directiva
  • Mesas Sectoriais

Unipersoais:

  • Presidencia: Miguel Anxo Fernández Lores
  • Vicepresidencia: María Ramallo Vázquez
  • Secretaría: Andrés Diaz Sobral
  • Tesoureiría: Carmen Puga Pereir
Mesas Sectoriais
M.S. Económica e Laboral
 
José María Corujo –AEMPE
Manuel Moreira– Asoc. Empresa COTOBADE
JesúsBaquero-Coop. Rematantes – Pontevedra
M.S. Asociación e Mocidade
Darío Alonso – Asoc. San Blas - Pontevedra
Victoria Argibay – Asoc. Meiro - Bueu
Alberte Oubiña – Galiza Nova
M.S. Medio Ambiente
 
Miguel A. Arís - ADEGA
M.S. Agro Gandeira
Manuel Dopazo – UA
Roberto Rivas – Coop. Viña Moraima

                                              

Mesa Sectorial de Igualdade
Mónica García Valladares – Asoc. de Mulleres R. A Pedreira - A Lama
M.S. Terceiro Sector
Carmen Puga Pereiro – Juan XXIII
Paulo Fontán Torreiro – Asoc. Amizade

 

M.S. CC. Montes
Miguel Pérez  –CCMM Pazos
Carlos Morgade –Mourente
Emilio Iglesias – Viascón
Claudio Quintillán – Castrove – Salnés
Manuel Soaxe – Coiro
M.S. Turismo e Artesanía
Ventura Garcia – Asoc. Agarimo
M.S. Institucional
12 Alcaldesa/es

 

 
 
 
 
 
Equipo Técnico
O GDR, para a xestión do Programa Leader Galicia 2007-2013, conta co seguinte equipo técnico:
Xerente: José Mª Tobío Iglesias
Técnica: Teresa Aquino del Rio
Administrativa: María Eulalia Montes Iglesias


 

Os GDR son asociacións público-privadas, sen ánimo de lucro, constituídas polas entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional da zona que desexan implicarse no desenvolvemento do territorio . Estas entidades deben cumprir o principio de "portas abertas" polo que calquera organización que acredite a súa actividade no territorio podería participar nos GDR.

En Galicia no período 2014-2020 constituíronse 24 Grupos de Desenvolvemento Rural

 Descarga Mapa GDR de Galicia

Xestión do LEADER

O LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) é unha medida do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia. A súa metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

O GDR elaborou a ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVA (EDLP) do territorio Pontevedra - Morrazo tras un proceso de reflexión colectiva con ampla participación social. O seu principal obxectivo é contribuír ao desenvolvemento sustentable da súa zona de actuación.

Xestión do LEADER

O LEADER é un dos catro eixes que conforman o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza 2007- 2013 e o seu nome corresponde ás siglas "Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural". Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

O GDR elaborou o programa LEADER do territorio Pontevedra - Morrazo tras un proceso de reflexión cunha ampla participación social, e actualmente o executa baixo a estratexia deseñada que ten como obxectivo acadar a sostibilidade do desenvolvemento rural apoiado no aproveitamento endóxeno dos produtos locais e na posta en valor do patrimonio natural e cultural. 

Orzamento do LEADER

O Orzamento público do Programa LEADER no GDR Pontevedra-Morrazo conta cun importe total de 4.231.311,47 € que poderá variar como consecuencia da asignación da reserva de eficacia ata alcanzar os 5.368.186 €.

A porcentaxe de subvención de cada proxecto dependerá da súa valoración segundo un   baremo público   e obxectivo que ten en conta os criterios xeográficos, características do promotor, incidencias no emprego e impactos sobre o territorio.

  • Proxecto PRODUTIVO - Actividades empresariais co obxecto de xerar emprego e rendas para a poboación que respondan aos obxectivos sinalados no PDR 19 – non han superar nunca o 45% de axuda pública (ata un máximo de 200.000€ ou 250.000€ segundo tipoloxía do proxecto), agás condicións máis restrictivas sinaladas no Réxime de axudas.
     
  • Proxecto NON PRODUTIVO – Dirixidos a cubrir as necesidades da poboación rural e que respondan a unha visión comarcal – poden chegar a acadar o 100% do financiamento dependendo da prioridade do proxecto, aínda que como norma xeral o promotor sempre deberá facer algunha achega.

Convocatoria do programa

O Prazo de admisión de solicitudes comeza o 24 de agosto de 2009 atao 1 de setembro de 2013, sometido ás anualidades que correspondan a cada medida.

Documentos asociados:

Descarga PDF Folleto do programa LEADER Pontevedra Morrazo (2121 Kb)

Descarga PDF Convenio AGADER-GDR Pontevedra Morrazo (28262 Kb)

icon 354355 640 Documento

icon 354355 640 Documento

icon 354355 640 Documento

icon 354355 640 Documento

icon 354355 640 Documento