contido web

contido web (39)

O prazo de presentación de solicitudes estará vixente durante todo o período de execución da medida Leader, tendo en conta a seguinte datas anual de admisión de solicitudes:

  • 31 de xaneiro de cada ano: data final de admisión de solicitudes para a proposta anual de selección de proxectos.

As solicitudes, xunto coa documentación complementaria, deberanse presentar a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal

ENLACE PARA FORMULARIOS ON LINE E/OU TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA

Obsevacións:

  1. Anexo III: No caso de que ao cumprimentar na sede electrónica o apartado 3 (Incidencia do proxecto sobre o emprego (expresado en UTA)) do Anexo III se desexe introducir un número de UTAS composto de decimais, e os recadros non o permitan, deberán deixarse estes en branco e cumprimentar as UTAS a crear e/ou consolidar na Declaración compromisos creación de emprego que está dispoñible para a súa descarga no seguinte enlace http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/documentacion/leader#modelos-compromisos-baremos-gdr.
  2. Anexo VI A: no caso de que os campos que figuran no modelo non sexan suficientes, se deberán cubrir tantos anexos como foran necesarios, imprimilos e xuntalos escaneados como documentos asociados no momento da presentación.
  3. Calquera solicitude que non conte como mínimo co anexo II (solicitude de axuda), anexo III ou anexo IV (resumo do proxecto e plan de empresa ou de xestión) e o anexo V (orzamento) dará lugar a un informe (ICE) desfavorable segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras.
  4. Os promotores deberán achegar toda a documentación complementaria por sede electrónica, indicando código, órgano responsable do procedemento, número rexistro de entrada da solicitude e número de expediente se dispón del segundo o artigo 9.3 das bases reguladoras.
  5. No caso de erros na presentación electrónica, as persoas solicitantes deberán poñerse en contacto a través do 012 co grupo de soporte para notificar e tentar solucionar a incidencia.
  6. O prazo máximo previsto no Réxime de Axudas (artigo 12.1) para emenda e/ou achega de documentación complementaria por parte do promotor é de 10 días hábiles.
  7. No campo Unidade responsable do procedemento dos documentos de emenda e achega de documentación complementaria debe elixirse a opción Grupo de Desenvolvemento Rural 15.

Descarga formularios:

FASE DE SOLICITUDE

Para poder gardar os datos escritos nos formularios deberán os impresos ser cubertos e gardados a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal).

Anexo2-Solicitude

Anexo III. Resumo do proxecto – Plan de empresa

Anexo IV. Resumo do proxecto – Plan de xestión

Anexo V. Orzamento

Anexo VI-A. Relación de ofertas solicitadas e elixidas

Anexo VI-B. Declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas

FASE DE XUSTIFICACIÓN

Para poder gardar os datos escritos nos formularios deberán os impresos ser cubertos e gardados a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal).

Anexo XI. Solicitude de pagamento

Anexo XII. Relación de equipos subvencionados

Anexo XIII. Declaración doutras axudas

Anexo XIV. Modelo de xustificación de emprego

Modelo de relación de gastos xustificados

Modelo de presentación de documentación xustificativa dos investimentos

Modelo de retirada de documentación xustificativa dos investimentos

Modelos publicidade

OUTROS

Para poder gardar os datos escritos nos formularios deberán os impresos ser cubertos e gardados a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal).

Anexo VII. Solicitude de anticipo

Anexo VIII. Desistencia

Anexo IX. Renuncia

Anexo X. modificación

Listado verificación promotores públicos

Modelo aval bancario período 2014-2020

Modelo aval concellos período 2014-2020

Modelo ficha proxectos para creación de novas prazas de aloxamento

Selección de Proxectos

O GDR é o responsable de aplicar o procedemento de selección de proxectos en función dunha serie de principios que definirán o seu proceder á hora de actuar. Estes principios son tamén aplicables ás actuacións que desenvolve o propio grupo como entidade xestora do FEADER:

  • A igualdade e non discriminación na asignación dos fondos públicos. Todas as persoas concorrerán nas mesmas condicións ao procedemento, se ben a estratexia pode primar que determinados colectivos sexan prioritarios, o cal se establecerá nos criterios de baremación dos proxectos.
  • A transparencia do gasto público. A definición duns criterios baremables obxectivamente e un procedemento claro e coñecido por todos os potenciais promotores, garantirán unha correcta decisión de que proxectos aprobar ou rexeitar.
  • A publicidade, vinculada ao principio anterior, garantirá o coñecemento por todas as persoas e entidades dos procedementos vinculados ao programa de axudas, etc. Teranse en conta todas as disposicións regulamentarias recollidas no Regulamento 1305/2014, no referente á información e comunicación e a privacidade dos datos. Tamén se terán en conta as medidas de publicidade relativas aos proxectos financiados.
  • O procedemento evitará o conflito de intereses. As persoas que formen parte do órgano encargado da selección e aprobación dos proxectos asinarán unha declaración de ausencia de conflito de intereses, con carácter previo ás diferentes convocatorias de axuda.
    A eficacia é outro dos principios que o GDR terá presente, co obxectivo último de dar cumprimento aos fins que se formula na estratexia, mediante o cumprimento dos seus obxectivos, dunha maneira sistemática, ordenada e cuantificada.
  • A eficiencia do gasto público. Este principio debe terse presente non só no que respecta á aplicación da EDLP (programa de axudas), senón tamén no que respecta aos custos correntes e de animación do programa.
  • Consenso á hora de tomar decisións. Malia a que estatutariamente se contemple unha regra de maiorías á hora de adoptar decisións, o GDR terá en conta as normas que eviten o conflito de intereses, intentando procurar que as decisións se adopten por consenso.

Proceso

A selección e aprobación de proxectos constará dos seguintes pasos:

1. A convocatoria do programa de axudas é aberta, podéndose presentar solicitudes de axuda ata o 31 de marzo de 2020. Estas solicitudes serán presentadas no GDR, as cales serán rexistradas debidamente, deixando constancia deste trámite. Existen unha serie de formularios normalizados para a súa presentación.

2. Recepción da solicitude. O equipo técnico será o responsable de analizar en primeira instancia que a solicitude cumpre o réxime de axudas para a súa admisibilidade, así como que contén toda a información necesaria. En caso contrario, requirirase á persoa ou entidade solicitante para que subsane as deficiencias atopadas nun prazo de dez días, coa indicación de que se así non o fixera teráselle por desistido da súa petición e procederá o arquivo do expediente, en función da normativa vixente sobre o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común (art. 71 da lei 30/1992 do 26 de novembro, e modificacións sucesorias). Completada a solicitude, comprobarase a información pertinente e a veracidade dos datos, co obxectivo da súa futura selección. Se o promotor non presenta a documentación solicitada farase o informe de control de elixibilidade desfavorable.

3. Acta de non inicio. Nun prazo dos 10 días seguintes á recepción da solicitude, o GDR realizará unha visita in situ, para comprobar que o inicio dos gastos ou investimentos non se efectuou, levantando a correspondente acta.

4. Análise da solicitude e da documentación. Valoración da solicitude en función dos criterios definidos nesta estratexia, das normas do GDR para a súa xestión, nos criterios de selección e priorización dos proxectos, así como na suxeición a outras normas que garantan a instrución debida do expediente, realizarase a correspondente valoración da solicitude. Para isto, o equipo técnico realizará o correspondente informe de viabilidade e de control de elixibilidade do proxecto (ICE).

5. Remisión de solicitude de verificación do ICE a AGADER. As solicitudes que sexan conformes, e que por tanto teñan un informe favorable, serán remitidas a Agader, incluíndo a maiores do informe, a documentación necesaria para valorar a elixibilidade do proxecto. Tamén se remitirán as solicitudes con informe desfavorable, co obxectivo de que Agader contraste e revise tal información. O GDR remitirá a solicitude de verificación do ICE a AGADER cando estea completa a documentación.

6. Verificación da solicitude na Agader. A axencia verificará os expedientes emitindo un informe de verificación de ICE, pronunciándose sobre a elixibilidade do proxecto, así como do cumprimento da normativa que será de aplicación por parte do GDR. Para a fundamentación da decisión terase en conta o establecido no PDR de Galicia, o réxime de axudas e normativa reguladora do FEADER, a normativa sectorial de aplicación do proxecto e os principios de complementariedade e coherencia co resto de políticas do marco galego. Si se apreciasen carencias de documentación a axencia requirirá a documentación ao GDR. Se a mesma está no GDR, este remitiralla a AGADER e se non a ten requiriralla ao promotor dándolle un prazo de 10 días para presentala. Indicaráselle que de non na presentala, se entenderá que desiste da solicitude, procedendo ao arquivo do expediente.
Unha vez que estea a documentación completa AGADER remitirá a verificación do ICE ao GDR.

7. Proposta de selección de proxectos pola Xunta Directiva. A xunta directiva do GDR emitirá unha proposta de selección de proxectos (con anterioridade ao 30 de xuño de cada ano, para as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de cada ano, e previsiblemente con anterioridade ao 31 de agosto para as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de cada ano) que teñan verificación favorable do ICE. Dita proposta incluirá a lista de proxectos subvencionables, ordenada en función da puntuación acadada no baremo e tendo en consideración o límite de orzamento máximo dispoñible, que quede consignado no correspondente plan financeiro da estratexia e conveniado coa Agader. Esta proposta diferenciará entre proxectos produtivos e non produtivos, indicando nestes últimos os que correspondan ás entidades públicas locais e ao resto de entidades. Os proxectos non produtivos irán ordenados por prioridades, primeiro os de prioridade alta, logo os da media e logo os de baixa. Tamén incluirá a distribución da axuda en cada anualidade e o prazo máximo co que contará cada proxecto para a súa execución.

8. Concesión de axuda. O GDR trasladará a proposta motivada á Agader, co fin de que esta emita a resolución de axuda, en virtude do acordo tomado pola xunta directiva do GDR, ou órgano competente. Teranse en conta as propostas de concesión ou denegación. O Director Xeral de Agader resolverá sobre a concesión ou denegación da axuda, en función dos termos establecidos na proposta de resolución da Xunta Directiva.

 

procedemento

 

A forma e prazos de notificación ao interesado, aceptación da axuda, xustificación documental do gasto, resolución de pago e controis posteriores fixaranse no réxime de axuda.

No caso de non esgotarse o orzamento podería realizarse unha segunda proposta de adxudicación de axudas ata o límite de crédito dispoñible para a anualidade. Esta proposta realizaríase antes do 31 de agosto, tendo como referencia as solicitudes de axuda presentadas antes do 31 de maio, as cales deberían ter o ICE verificado por parte de Agader.

As propostas que non poidan acceder ao financiamento por esgotarse este, formarán parte dunha lista de agarda, na que se ordenarán en función da súa prioridade; estas solicitudes deben ter o ICE verificado por Agader.

As solicitudes que non fosen verificadas por Agader en tempo, ou ben que quedaran excluídas por falta de crédito, poderán concorrer á seguinte convocatoria, sen que isto supoña ningunha prioridade, e sempre e cando exista manifestación expresa a tal efecto por parte da persoa ou entidade solicitante.

Se durante a instrución dun expediente e a elaboración do ICE, o GDR aprecia que o proxecto non é elixible, que non cumpre os requisitos para ser subvencionable, emitirase unha solicitude de verificación de ICE desfavorable e enviarase a AGADER para a súa verificación. Se polo contrario o seu promotor desiste do procedemento, poderá dárselle traslado directamente á xunta directiva do GDR, ou órgano competente, para que tome o acordo de arquivo correspondente. Esta decisión trasladarase a Agader, que terá en conta a motivación exposta polo GDR.

En relación con este procedemento, todas as reunións da xunta directiva ou órgano decisorio, estarán documentadas coas correspondentes actas, reflectíndose nas mesmas todas as persoas participantes, as decisións ou acordos adoptados e os motivos de conflito de intereses, de existiren. En cada convocatoria, as persoas que formen parte deste procedemento deben asinar a correspondente declaración de ausencia de conflito de interese.

Descarga baremo e normas de xestión dos proxectos

Criterios de baremación de proxectos produtivos

Os criterios de baremación dos proxectos produtivos fan referencia aos seguintes factores fundamentais:

ID CRITERIOS DE VALORACIÓN PROXECTOS PRODUTIVOS Puntuación MÁXIMA
1 FACTORES DE LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA 30
1.1 Características económicas do concello onde se localiza o proxecto 8
1.2 Características sociolaborais do concello onde se localiza o proxecto 4
1.3 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto I 4
1.4 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto II 4
1.5 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto III 4
1.6 Entidade de poboación na que se localiza o proxecto 4
1.7 Outros criterios xeográficos: zonas desfavorecidas 2
2 CARACTERÍSTICAS DA PERSOA OU ENTIDADE PROMOTORA 10
2.1 Proxectos presentados por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos 5
2.2 Formación e/ou experiencia da persoa ou entidade promotora 2
2.3 Responsabilidade social corporativa 3
3 IMPACTO SOBRE A CREACIÓN DE EMPREGO 20
3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto 10
3.2 Incidencia sobre a creación de emprego de persoas de colectivos desfavorecidos 5
3.3 Incidencia sobre a creación de emprego local 5
4 CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO 20
4.1 Tipoloxía de proxecto 5
4.2 Carácter innovador 5
4.3 Ámbito do proxecto 10
5 IMPACTO SOBRE O TERRITORIO 20
5.1 Capacidade de arrastre do proxecto 10
5.2 Incidencia ambiental do proxecto 10
PUNTUACIÓN TOTAL 100

Regras para os proxectos produtivos

A puntuación mínima que haberá de obter un proxecto produtivo será de 20 puntos; por baixo deste valor, os proxectos non serán subvencionados.

Relación entre puntos de valoración de baremo e % de axuda en proxectos produtivos:

  • 20 puntos: 20 % de axuda
  • 70 puntos ou máis: 45 % de axuda.

Para valores intermedios do baremo procédese do seguinte modo:

  • Aos primeiros 20 puntos asígnaselle un 20% axuda
  • Aos restantes puntos do baremo asígnaselle a parte proporcional directa de porcentaxe de axuda segundo a seguinte relación (50 puntos restantes de baremo / 25% axuda pendente de asignar) O calculo farase axustado a dous decimais.

Criterios de baremación de proxectos non produtivos

Os criterios de baremación dos proxectos non produtivos fan referencia aos seguintes factores fundamentais:

ID CRITERIOS DE VALORACIÓN PROXECTOS NON PRODUTIVOS Puntuación MÁXIMA
1 FACTORES DE LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA 30
1.1 Características económicas do concello onde se localiza o proxecto 8
1.2 Características sociolaborais do concello onde se localiza o proxecto 4
1.3 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto I 4
1.4 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto II 4
1.5 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto III 4
1.6 Entidade de poboación na que se localiza o proxecto 4
1.7 Outros criterios xeográficos: zonas desfavorecidas 2
2 CARACTERÍSTICAS DA ENTIDADE PROMOTORA 20
2.1 Promotor individual ou agrupado 3
2.2 Natureza xurídica e/ou obxecto social da entidade promotora 10
2.3 Igualdade de oportunidades 4
2.4 Responsabilidade social corporativa 3
3 CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO 30
3.1 Tipoloxía de proxecto 20
3.2 Ámbito de actuación do proxecto 8
3.3 Cooperación do proxecto ou entidades colaboradoras 2
4 IMPACTO SOBRE O TERRITORIO 20
4.1 Incidencia sobre o medioambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono 10
4.2 Compromiso de emprego de novas tecnoloxías 10
PUNTUACIÓN TOTAL 100

No caso dos proxectos non produtivos establecemos unha serie de categorías que nos indicarán se ten máis ou menos prioridade, á hora de ser financiado. Deste xeito podemos diferenciar entre proxectos non produtivos de prioridade alta, media ou baixa:

Proxectos non produtivos de prioridade alta: intensidade de axuda máxima do 90% de axuda
  • Investimentos relacionados cos servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores dependentes e non dependentes, e a promoción dun envellecemento activo e saudable das mesmas, tales como: centros de inclusión e emerxencia social, centros de integración, inserción ou inclusión socio-laborais para persoas discapacitadas, infantís, centros de maiores non dependentes (pisos tutelados, vivendas comunitarias, centros de día, etc.) e actuacións para promover a igualdade e a integración social da poboación.
  • Investimentos non produtivos relacionados co uso e a mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TICs) no medio rural, tales como telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos a empresas ou á poboación en xeral.
  • Investimentos non produtivos relacionados coa utilización de enerxías alternativas, o aforro ou eficiencia enerxética, a compostaxe, a biomasa, a reutilización e reciclaxe etc. Tales como instalación de caldeiras de biomasa, placas solares, mecanismos e equipamentos que permitan a redución do consumo de auga, ou aproveitamento hídrico, etc
Proxectos non produtivos de prioridade media: intensidade de axuda máxima do 70% de axuda
  • Investimentos relacionados coa valorización, conservación e/ou recuperación do patrimonio natural e cultural, tales como a recuperación e integración paisaxística, recuperación do hábitat e a biodiversidade, custodia do territorio, aulas da natureza, centros de interpretación, intervencións arqueolóxicas, recuperación de construcións de interese cultural (histórico-artístico, etnográfico, arquitectónico, etc) e actuacións de sensibilización, promoción e difusión, etc.
  • Investimentos non produtivos, relacionadas coa valorización e/ou promoción dos produtos e producións locais vinculados ás denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, a viticultura, a agricultura ecolóxica, a artesanía local, gastronomía, etc.
  • Investimentos non produtivos relacionados co sector turístico tales como actuacións de promoción, difusión e divulgación dos recursos turísticos, rutas de sendeirismo homologadas pola Federación Galega de Montaña, construción de miradoiros, puntos de información turística, centros de promoción de recursos, etc.
Proxectos non produtivos de prioridade baixa: intensidade de axuda máxima do 50% de axuda.
  • Investimentos relacionados coas actividades e infraestruturas, deportivas, recreativas de lecer e culturais tales como ludotecas, locais sociais, parques, etc.
  • Resto de investimentos non produtivos non recollidos nos epígrafes anteriores.

Regras para os proxectos non produtivos

A puntuación mínima que haberá de obter un proxecto non produtivo será de 30 puntos; por baixo deste valor, os proxectos non serán subvencionados

Relación entre puntos de valoración de baremo e % de axuda en proxectos non produtivos:

  • 30 puntos:
    • 40 % de axuda para proxectos de prioridade alta
    • 30 % de axuda para proxectos de prioridade media e baixa
  • 70 puntos ou máis:
    • 90 % de axuda para proxectos de prioridade alta
    • 70 % de axuda para proxectos de prioridade media
    • 50 % de axuda para proxectos de prioridade baixa

Para valores intermedios do baremo procédese do seguinte modo:

Aos primeiros 30 puntos asígnaselle un :

    • 40 % de axuda para proxectos de prioridade alta
    • 30 % de axuda para proxectos de prioridade media e baixa

Logo en cada unha das prioridades, aos restantes puntos do baremo asígnaselle a parte proporcional de porcentaxe de axuda segundo a seguinte relación; e en todos os casos o cálculo farase axustado a dous decimais:

  • (40 puntos restantes de baremo / 50% axuda pendente de asignar) para proxectos de prioridade alta.
  • (40 puntos restantes de baremo / 40% axuda pendente de asignar ) para proxectos de prioridade media.
  • (40 puntos restantes de baremo / 20% axuda pendente de asignar) para proxectos de prioridade baixa.

Criterios de priorización de proxectos

Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, a xunta directiva seguirá os seguintes criterios:

Proxectos produtivos

  1. Puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.
  2. No caso de empate, a contribución á articulación do tecido produtivo local, en coherencia coa estratexia do GDR. Para estes efectos terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 2.3 Responsabilidade social corporativa (RSC).
  • 3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto.
  • 4.3 Ámbito do proxecto.
  • 5.1 Capacidade de arrastre do proxecto.
  1. No caso de empate, a coherencia coa estratexia do GDR, a incidencia sobre o emprego e o seu efecto multiplicador no territorio. A estes efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto.
  • 5.1 Capacidade de arrastre do proxecto.

Proxectos non produtivos.

A relación de proxectos non produtivos que propoña a xunta directiva para a concesión da axuda deberá incluír, en primeiro lugar, os considerados de prioridade alta, logo os de prioridade media e, a seguir, os de prioridade baixa.

Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, dentro de cada unha destas categorías a xunta directiva seguirá os seguintes criterios:

  1. Puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.
  2. No caso de empate, a contribución ao desenvolvemento local, en coherencia cos obxectivos de sustentabilidade económica, social, territorial e medioambiental. Para este efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 2.2 Natureza xurídica e/ou obxecto social da entidade promotora.
  • 2.4 Responsabilidade social corporativa (RSC).
  • 3.1 Tipoloxía do proxecto.
  • 3.2 Ámbito de actuación do proxecto.
  • 3.3 Cooperación do proxecto ou entidades colaboradoras.
  • 4.1 Incidencia sobre o medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono.
  1. No caso de empate, a coherencia coa estratexia do GDR e o impacto medioambiental sobre o territorio. A estes efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 3.1 Tipoloxía do proxecto.
  • 4.1 Incidencia sobre o medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono.

Para os proxectos promovidos directamente polos GDR, referidos a formación no marco da submedida 19.2 (apoio á realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e os de animación e promoción territorial correspondentes á submedida 19.4.B (animación), unha vez que estean verificados por Agader, propoñerase a concesión de axuda de cada un destes expedientes ata o esgotamento do crédito dispoñible en cada anualidade.

 

Límites de axuda pública máxima con carácter xeral

  APLICACIÓN DA EDLP
  PRODUTIVOS NON PRODUTIVOS
Importe máximo de axuda 200.000 € 250.000 €
Importe máximo R 1407/2013 200.000 € 200.000 €
% máximo de axuda 45% 90%

Proxectos Produtivos

Actividades empresariais co obxecto de xerar emprego e rendas para a poboación que respondan aos obxectivos sinalados no programa.

O importe máximo da axuda pública será de 200.000€ agás condicións máis restritivas sinaladas no Réxime de axudas. A porcentaxe máxima de axuda será do 45 %.

Proxectos Non Produtivos

Dirixidos a cubrir as necesidades da poboación rural, que respondan a unha visión comarcal e que perseguirán a satisfacción do interese público ou colectivo.

O importe máximo de axuda pública será de 200.000 € e a porcentaxe máxima virá determinada pola prioridade do tipo de proxecto segundo a seguinte clasificación:

Proxectos non produtivos de prioridade alta: intensidade de axuda máxima do 90% de axuda
  • Investimentos relacionados cos servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores dependentes e non dependentes, e a promoción dun envellecemento activo e saudable das mesmas, tales como: centros de inclusión e emerxencia social, centros de integración, inserción ou inclusión socio-laborais para persoas discapacitadas, infantís, centros de maiores non dependentes (pisos tutelados, vivendas comunitarias, centros de día, etc.) e actuacións para promover a igualdade e a integración social da poboación
  • Investimentos non produtivos relacionados co uso e a mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TICs) no medio rural, tales como telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos a empresas ou á poboación en xeral.
  • Investimentos non produtivos relacionados coa utilización de enerxías alternativas, o aforro ou eficiencia enerxética, a compostaxe, a biomasa, a reutilización e reciclaxe etc. Tales como instalación de caldeiras de biomasa, placas solares, mecanismos e equipamentos que permitan a redución do consumo de auga, ou aproveitamento hídrico, etc
Proxectos non produtivos de prioridade media: intensidade de axuda máxima do 70% de axuda
  • Investimentos relacionados coa valorización, conservación e/ou recuperación do patrimonio natural e cultural, tales como a recuperación e integración paisaxística, recuperación do hábitat e a biodiversidade, custodia do territorio, aulas da natureza, centros de interpretación, intervencións arqueolóxicas, recuperación de construcións de interese cultural (histórico-artístico, etnográfico, arquitectónico, etc) e actuacións de sensibilización, promoción e difusión, etc.
  • Investimentos non produtivos, relacionadas coa valorización e/ou promoción dos produtos e producións locais vinculados ás denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, a viticultura, a agricultura ecolóxica, a artesanía local, gastronomía, etc.
  • Investimentos non produtivos relacionados co sector turístico tales como actuacións de promoción, difusión e divulgación dos recursos turísticos, rutas de sendeirismo homologadas pola Federación Galega de Montaña, construción de miradoiros, puntos de información turística, centros de promoción de recursos, etc.
Proxectos non produtivos de prioridade baixa: intensidade de axuda máxima do 50% de axuda.
  • Investimentos relacionados coas actividades e infraestruturas, deportivas, recreativas de lecer e culturais tales como ludotecas, locais sociais, parques, etc.
  • Resto de investimentos non produtivos non recollidos nos epígrafes anteriores.

 

Réxime de compatibilidade

Con carácter xeral, un proxecto poderá compatibilizar a axuda ao abeiro do Leader (que están cofinanciadas con fondos Feader) con outras axudas de un ou varios Fondos EIE ou de un ou varios programas e de outros instrumentos da Unión; coa condición de que o investimento incluído non estea subvencionado por outro Fondo EIE ou instrumento da Unión, nin polo mesmo Fondo conforme a un programa distinto.

O importe das axudas non poderá illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes doutras Administracións Públicas ou doutros entes, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superar o custo total da operación subvencionada.

Con carácter xeral, poderán subvencionarse os gastos necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto, sempre que o seu valor non exceda ao do valor normal de mercado.

  1. A construción, adquisición e mellora de inmobles (límite do 50% do total dos gastos subvencionables).
  2. A adquisición de terreos (límite do 10% do total dos gastos subvencionables).
  3. A adquisición de maquinaria e equipamento novos, os gastos en arrendamentos financeiros con opción de compra de adquisición de activos subvencionables.
  4. Investimentos intanxibles como: a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, creación de páxinas web, estudos e publicacións.
  5. Custes xerais: honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade (límite do 12% do total dos gastos subvencionables).
  6. Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.

A suma dos gastos sinalados neste apartado f) xunto coa suma dos gastos en custes xerais sinalados no apartado anterior e); non poderá superar o 20% do conxunto dos gastos subvencionables do proxecto.

  1. Medios e equipos de transporte.

Con carácter xeral, non son subvencionables os seguintes gastos:

  1. Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, a reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria.
  2. O IVE recuperable, os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e os impostos persoais sobre a renda.
  3. Os gastos de funcionamento da operación subvencionada e material funxible en xeral.
  4. Maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
  5. A execución por medios propios, o traballo voluntario non remunerado ou man de obra propia, e os materiais de igual procedencia.
  6. Os intereses debedores das contas bancarias.
  7. Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude de axuda, coa excepción dos custes xerais vinculados a gastos de investimento.
  8. Os investimentos que substitúan a outros que fosen financiados polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen, polo menos, 5 anos, contados dende a data da realización do investimento.
  9. Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición sexa financiada polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen polo menos 5 anos contados dende a data da realización do investimento.
  10. Os xuros, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas.
  11. Os gastos de procedementos xudiciais.
  12. A compra de dereitos de produción agraria, animais e plantas anuais e a súa plantación en investimentos no sector agrario.
  13. Os conceptos de “gastos xerais” e “beneficio industrial”, agás nos proxectos de promoción pública cando estas partidas formen parte do prezo de licitación de acordo coa normativa de contratación administrativa.
  14. Quedan excluídos aqueles investimentos promovidos polas entidades públicas locais relacionados coa prestación dos servizos enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como os servizos esenciais para os que o artigo 86 da citada lei declara a reserva a favor das entidades públicas locais e os de prestación mínima previstos no artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
  15. Os proxectos de sinalización territorial.
  16. Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante, e as obras de simple ornamentación.
  17. Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das axudas:

  1. As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
  2. As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  3. As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Non poderán ser beneficiarias as seguintes entidades:

  1. As agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.
  2. As empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
  3. As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
  4. As empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

O GDR debe respectar as limitacións establecidas no réxime de axudas, co obxectivo de garantir a complementariedade e a coherencia con outros programas de financiamento ou liñas de axuda, que poden existir no territorio. Para isto respectará os correspondentes convenios que se establezan con outras entidades. As limitacións para a selección de proxectos son:

  • Actividades ou establecementos turísticos. Respectarase o convenio entre Agader e a Axencia de Turismo de Galicia para o Leader 2014-2020, o cal deberá terse en conta á hora de promover calquera iniciativa de hostalería, restauración, hospedaxe, servizos turísticos etc.
  • Sector das enerxías renovables. Quedan excluídos de financiamento, calquera tipo de investimentos en enerxías renovables que impliquen a venda á rede.
  • Sector servizos. Serán elixibles os investimentos de nova creación, modernización ou ampliación, en actividades económicas do sector servizos, coas seguintes condicións:
    • Para o financiamento dunha actividade de nova creación neste sector, terase en conta a inexistencia de servizos iguales ou similares no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de actividades innovadoras, de ampliar a oferta de servizos e de contribuír a súa viabilidade. Cando exista un servizo das mesmas características no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, non se financiará outro igual ou similar. Este aspecto acreditarase, mediante o correspondente certificado emitido polas entidades locais, en función do epígrafe do imposto de actividades económicas (IAE) correspondente. No caso de que exista algún servizo co mesmo epígrafe, pero a actividade que se propoña desenvolver teña un carácter diferencial ou novidoso, poderase financiar con carácter excepcional, sempre e cando quede demostrado no plan de empresa, plan de xestión, ou outra documentación técnica, as características singulares ou diferenciais que motivan tal decisión.
    • Ademais para o financiamento de proxectos de nova creación ou de modernización ou ampliación de establecementos en funcionamento, quedan excluídas as seguintes actividades segundo os epígrafes do IAE:

ACTIVIDADES DE SERVIZOS EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:

7 TRANSPORTE E COMUNICACIONS

Quedan excluídas de financiamento as seguintes actividades:

71 TRANSPORTE POR FERROCARRIL

72 OUTROS TRANSPORTES TERRESTRES

73 TRANSPORTE MARITIMO E VIAS NAVEGABLES INTERIORES

74 TRANSPORTE AEREO

75 ACTIVIDADES ANEXAS AOS TRANSPORTES

761 SERVIZOS TELEFONICOS

ACTIVIDADES DE SERVIZOS EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:

8 INSTITUCIONS FINANCEIRAS. SEGUROS, SERVIZOS A EMPRESAS E ALUGUERES

Quedan excluídas de financiamento as seguintes actividades:

82 SEGUROS

83 AUXILIARES FINANCEIROS E DE SEGUROS. ACTIVIDADES INMOBILIARIAS

85 ALUGUER DE BENS MOBLES

8436 INSPECCION TECNICA DE VEHICULOS

847 SERVIZOS INTEGRAIS DE CORREOS E TELECOMUNICACIÓNS

8491 COBROS DE DÉBEDAS E CONFECCION FACTURAS

8495 SERVIZOS RECAD., REPARTICIÓN E MANIPULACION CORRES

8496 SERV. COLOCACION E SUBMINISTRACIÓN DE PERSOAL

86 ALUGUER DE BENS INMOBLES

ACTIVIDADES DE SERVIZOS EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:

9 OUTROS SERVIZOS

Quedan excluídas de financiamento as seguintes actividades:

913 SERVIZOS RELACIONADOS COA PESCA E A ACUICULTURA

9312 ENSINO EDUCACION XENERAL BASICA

9313 ENSINO BACHARELATO, F.P., E COU.

9314 ENSINO REGULADO (PREESC, EGB, BUP, FP, COU)

9315 ENSINO DE EDUCACION SUPERIOR

934 ENSINO FÓRA DE ESTABLECEMENTO PERMANENTE

9351 COLEXIOS MAIORES

9352 RESIDENCIAS DE ESTUDANTES

9411 HOSPITAIS XERAIS

9412 HOSPITAIS ESPECIALIZADOS

964 SERVIZOS DE RADIODIFUSION, TELEVISION E SERVIZOS DE LIGAZÓN E TRANSMISION DE SINAIS DE TELEVISION

9653 ESPECTACULOS FOSE ESTABLECEMENTO

9655 ESPECTACULOS TAURINOS

968 ESPECTACULOS DEPORTIVOS

9691 SALAS DE BAILE E DISCOTECAS

9692 CASINOS DE XOGO

9693 XOGOS DE BINGO

9694 MAQUINAS RECREATIVAS E DE AZAR

9696 SALÓNS RECREATIVOS E DE XOGO

9697 OUTRAS MAQUINAS AUTOMATICAS.

982 TOMBOLAS, ESPECTACULOS E XOGOS PROPIOS DE FEIRAS E VERBENAS, ...

991 PRESTACION DE SERVIZOS POR SOCIEDADES DE DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL REXIONAL

  • Sector do comercio polo miúdo. Non serán elixibles os investimentos de mellora ou ampliación dos establecementos en funcionamento de comercio polo miúdo. Os investimentos de nova creación en actividades económicas de comercio polo miúdo, serán elixibles, coas seguintes condicións:
    • Para o financiamento das actividades de comercio polo miúdo de nova creación, terase en conta a inexistencia de actividades comerciais, iguales ou similares no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento de actividades innovadoras, de ampliar a oferta comercial e de contribuír a viabilidade dos negocios. Cando exista unha actividade de comercio polo miúdo das mesmas características no núcleo de poboación onde se realizará o investimento, non se financiará outra igual ou similar. Este aspecto acreditarase, mediante o correspondente certificado emitido polas entidades locais, en función do epígrafe do imposto de actividades económicas (IAE) correspondente. No caso de que exista algún comercio co mesmo epígrafe, pero a actividade que se propoña desenvolver teña un carácter diferencial ou novidoso, poderase financiar con carácter excepcional, sempre e cando quede demostrado no plan de empresa, plan de xestión, ou outra documentación técnica, as características singulares ou diferenciais do modelo de negocio que motivan tal decisión.
    • Ademais quedarán excluídas as actividades comerciais polo miúdo, segundo os seguintes epígrafes do IAE :

 

ACTIVIDADES DE COMERCIO POLO MIÚDO EXCLUÍDAS DE FINANCIAMENTO EN FUNCIÓN DO IAE:

6 COMERCIO, RESTAURANTES, HOSPEDAXE, REPARACIÓNS

631 INTERMEDIARIOS DO COMERCIO

6431 COM. MEN. PEIXES

6432 COM. MEN. BACALLAU E SALGADURAS

6461 COM. MEN. TABACOS EN EXPENDEDURíA

6462 COM. MEN. TABACO EXTENSIÓNS TRANSITORIAS

6463 COM. MEN. TABACO EN EXPENDEDURÍAS COMPLEMENTARIAS

6464 COM. MEN. TABACO CON VENDA POR RECARGA

6465 COM. MEN. TABACO MAQUINAS AUTOMÁTICAS

6466 COM. MEN. TABACOS VENDA NON ESTANCADA

6467 COM. MEN. ARTICULOS FUMADORES POR MINUSV.

6468 COM. MEN. ARTICULOS PARA FUMADORES

6475 PTOS. ALIMENTICIOS E BEB. MAQUINAS. Ver nota 1.

6541 COM. MEN. VEHICULOS TERRESTRES

6543 COM. MEN. VEHICULOS AEREOS

6544 COM. MEN. VEHICULOS FLUVIAIS E MARITIMOS

655 COMERCIO POLO MIÚDO DE COMBUSTIBLES, CARBURANTES E LUBRICANTES

66 COM. MIXTO INTEGRADO; AMBULANCIA, MERCADILLOS, EXPOSITORES EN DEPOSITO,POR CORREO. Ver nota 1.

NOTA

1. Esta actividade permitirase sempre e cando a venta dos produtos se realice no territorio do GDR e sexa de produtos procedentes de produtores locais.

 

 

  • Maquinaria de servizos agrarios ou forestais. Queda excluído o financiamento de maquinaria para a realización de servizos agrarios e/ou forestais.
  • Centros sociais. Contemplarase o investimento para construción, acondicionamento e/ou equipamento de centros sociais, tendo en consideración as necesidades de creación de novos locais sociais, ou de reforma ou ampliación de locais sociais xa existentes reflectidos na estratexia de desenvolvemento local e as limitacións orzamentarias do programa de axudas, en concreto:
    • Medida: Accións dirixidas ao acondicionamento e/ou rehabilitación de edificacións existentes (casas reitorais, escolas unitarias, etc.) e mobiliario e equipamentos necesarios para os novos requirimentos de servizos e usos, sociais, culturais etc., no ámbito rural (ludotecas, locais sociais, etc).
  • Estudos, edición de materiais ou páxinas web. Respectarase o límite máximo de 10.000 euros de axuda por proxecto previsto nas bases reguladoras.

Tipoloxía de proxectos

Os proxectos poderán clasificarse en produtivos e non produtivos.

  • Proxectos produtivos: os que supoñan a realización dunha actividade económica con fin lucrativo tendentes á produción de bens e/ou servizos e que supoñan unha creación e/ou mantemento do nivel de emprego.
  • Proxectos non produtivos: os que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.

Requisitos dos proxectos

  • Estar localizados no ámbito territorial elixible de actuación do GDR Pontevedra-Morrazo.
  • Ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.
  • Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
  • Ser finalista, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados os proxectos.
  • Que o investimento para o cal se solicita a axuda non estea iniciado na data da presentación da solicitude de axuda.
  • Coherencia e adecuación dos proxectos e actuacións coa estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) do GDR Pontevedra-Morrazo.
  • Os proxectos e actuacións deberán cumprir, ademais, as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas fichas de elixibilidade (FE) recollidas nas bases reguladoras.

Liñas de axuda

Os proxectos e actuacións subvencionables deberán encadrarse nalgunha das seguintes fichas de elixibilidade (FE) :

Investimentos no sector da produción agraria primaria (FE I)

Por razóns de coherencia e complementariedade con outras liñas de axuda específicas do PDR de Galicia 2014-2020, non serán subvencionables, como regra xeral, os proxectos encadrables no sector da produción agraria primaria (inclúese na definición de produción agraria primaria a produción agrícola, gandeira e forestal).

Non obstante, como excepción á regra xeral, serán subvencionables a través da medida Leader de Galicia 2014-2020, os investimentos seguintes:

  • Mellora da eficiencia enerxética das explotacións agrarias e/ou emprego de fontes de enerxía renovables.
  • A explotación agraria deberá estar en funcionamento, tendo declarada facturación real pola venda dos seus produtos, e deberá posuír un CEA ( código de explotación agraria) ou rexistro oficial que corresponda á explotación agraria dunha antigüidade de polo menos un ano anterior á data da solicitude de axuda.
  • Nos supostos de mellora da eficiencia enerxética da explotación agraria deberá quedar acreditada mediante a presentación dun plan empresarial, acompañado dun informe emitido por técnico competente ou dunha auditoría enerxética. A redución dos custes derivados da mellora da eficiencia enerxética da explotación deberá acadar unha porcentaxe mínima do 40%.
  • Pequenos proxectos, ata un máximo de 30.000 € de investimento total elixible, que supoñan o inicio ou implantación dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal, sempre que esta constitúa unha actividade complementaria á actividade principal non agraria do promotor do proxecto.

Nos supostos de proxectos promovidos por persoas físicas:

  • O total da renda da unidade familiar no momento da solicitude de axuda, non poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional vixente.
  • O resultado final da previsión económica, xuntando a actividade principal non agraria e a renda agraria derivada do proxecto, non poderá superar o quíntuplo do valor do citado salario mínimo interprofesional.

Tomaranse en consideración para o cálculo da renda da unidade familiar no momento da solicitude de axuda, a declaración dos impostos persoais sobre a renda.

O cálculo do resultado final da previsión económica realizarase en base aos módulos fixados pola Consellería do Medio Rural para os plans de mellora de explotacións agrarias (http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/explotacions/2016/2016_norma_complementaria.pdf norma_complementaria.pdf).

Para proxectos promovidos por promotores distintos a persoas físicas:

  • O cálculo da renda inicial realizarase en base á última declaración tributaria efectuada, tendo en conta a normativa que lle sexa aplicable a cada promotor segundo a súa específica forma xurídica.

En ambos supostos, o promotor estará obrigado a dar de alta a explotación agraria que se implante a raíz do investimento, no REAG (rexistro de explotacións agrarias de Galicia), así como a obter o correspondente CEA (código de explotación agraria) con carácter previo á xustificación final do proxecto.

Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (FE II)

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización de empresas destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca.

Así mesmo, considéranse incluídos nesta tipoloxía, os investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado e estes sexan un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade total destes non supere o 15 % do peso total do produto final. Os investimentos relativos a procesos de transformación nos que a porcentaxe de produtos non incluídos no anexo I do Tratado supere o citado 15% do peso total do produto final non estarán incluídos na regulación desta ficha de elixibilidade. Para comprobar esta circunstancia terase en conta o peso dos produtos que se reflicta na etiqueta final do mesmo.

Non obstante, unicamente serán elixibles os proxectos nos cales o importe total dos investimentos subvencionables non exceda da contía máxima de 30.000€ que, por razóns de coherencia e complementariedade entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia, estableza o PDR de Galicia para esta tipoloxía de proxectos que se poidan subvencionar a través da medida 19 (Leader) no período 2014-2020.

Os investimentos deben cumprir a normativa aplicable en materia de sanidade e benestar animal de ser o caso:

  • Non se concederán axudas a solicitantes que presenten proxectos relativos a instalacións xa existentes que non acrediten dispoñer de rexistro sanitario, ou que non cumpran, de ser o caso, a normativa de benestar animal, ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal.
  • Non se pagarán axudas a beneficiarios que non acrediten, tras a execución dos investimentos, dispoñer de rexistro sanitario actualizado ou vixente, así como, de ser o caso, cumprir a normativa de benestar animal ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal. Esta acreditación non será esixida no caso de que os investimentos previstos, dadas as súas características, non supoñan unha alteración das actividades da empresa que afecten o rexistro sanitario vixente, ou alteren as condicións relativas ao benestar animal ou á elaboración de produtos para alimentación animal.

Investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais (FE III)

  • Investimentos relacionados coa transformación, utilización e/ou comercialización da madeira como materia prima que sexan anteriores á primeira transformación industrial.
    • Serán subvencionables no caso de que estean dirixidos á produción de quebrado de madeira e/ou de pellets para a xeración de enerxía e/ou fonte de calor. Poderán incluír a tala, descortizado, troceado, almacenamento, tratamento de protección e secado e outras operacións de traballo anteriores á primeira transformación industrial da madeira.
  • Os investimentos relacionados coa transformación, utilización e/ou comercialización da madeira como materia prima que sexan posteriores á primeira transformación industrial serán subvencionables a través da ficha de elixibilidade V ( investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias).
    • Terá a consideración de primeira transformación as actividades posteriores ao primeiro aserrado da madeira.

Non será subvencionable a adquisición de maquinaria para servizos forestais nin a subvencionabilidade ás empresas cuxo única epígrafe no que están dadas de alta no CNAE sexa o correspondente a servizos agrarios e/ou forestais.

Investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias (FE IV)

  • Proxectos que impliquen o inicio ou mellora dunha actividade produtiva complementaria á da propia actividade agraria que se desenvolva na explotación (agraria), respondendo ao obxectivo xeral de mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural, tales como:
    • Elaboración e venda de produtos artesanais.
    • Agroturismo: acondicionamento e mellora das instalacións da explotación agraria de cara a ofrecer servizos turísticos como actividades recreativas e de animación turística, espectáculos, actividades de aventura ou natureza, actividades deportivas como golf, náuticas, esquí, hípica e outras, actividades de valorización e divulgación do patrimonio cultural, balnearios e centros de talasoterapia. Estes investimentos, en especial os que supoñan a creación de novas prazas de aloxamento, estarán supeditados ao disposto no Acordo de Colaboración asinado entre Agader e a Axencia de Turismo de Galicia.
    • Servizos educativos, culturais, recreativos, ambientais asociados á valorización de patrimonio natural e/ou cultural ou a ecosistemas agrarios e/ou forestais do territorio.
    • Prestación de servizos á poboación.

Investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias (FE V)

  • Proxectos que supoñan a creación, ampliación e modernización de pequenas empresas, en sectores da economía distintos ao da produción agraria primaria, respondendo ao obxectivo xeral de mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural.
    • Entenderase por creación a posta en marcha dunha nova empresa ou, no caso de que a empresa xa tivera actividade comercial con carácter previo á solicitude de axuda, a posta en marcha dunha actividade distinta á que viñera desenvolvendo con carácter previo á data da solicitude de axuda. Considérase que a actividade é distinta cando o grupo do código nacional de actividades económicas (CNAE) correspondente á nova actividade sexa distinto ao do CNAE correspondente á actividade ou actividades comerciais que tivera a empresa con carácter previo á data da solicitude de axuda .
    • Por modernización entenderase a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio fundamental na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente.

Os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existente, ou partes dos mesmos, por un edificio ou por outra máquina nova, unicamente serán subvencionables no caso de que a substitución supoña ampliar a capacidade de produción en máis dun 25% con respecto á que viña desenvolvendo o edificio ou a maquinaria substituída.

Investimentos en proxectos non produtivos (FE VI)

Poderán ser subvencionables:

  1. Proxectos que teñan un interese público ou colectivo, é dicir, que afecten, interesen ou beneficien dalgún xeito ao conxunto da poboación ou da sociedade en xeral, e que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica. Entre outros:
  • Proxectos relacionados co mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e de zonas de alto valor natural.
  • O departamento da Xunta competente na materia deberá acreditar o interese da proposta ou ben estea definido como de interese no plan de mantemento, restauración, mellora ou posta en valor do patrimonio natural ou cultural que o GDR poida elaborar e que estea aprobado por Agader.
  • Proxectos referidos á creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural como as actividades recreativas e culturais, xunto coas correspondentes infraestruturas a pequena escala.
  1. No suposto de que o proxecto de interese público ou colectivo, conleve unha actividade económica por si mesmo ou de maneira coadxuvante, terá a consideración de non produtivo cando:
  • Os ingresos que se xeren procedan de taxas no caso de proxectos promovidos por entidades públicas locais.
  • No resto dos casos, tanto para os proxectos promovidos por entidades públicas locais en que os ingresos proceden de prezos públicos como nos casos de proxectos promovidos por outros promotores distintos ás entidades públicas locais, os proxectos poderán ter a consideración de non produtivos cando o beneficio neto non chegue a superar o valor de capitalización do investimento ao xuro legal do diñeiro.

Descarga Instrucións de Agader:

O ámbito territorial do GDR Pontevedra-Morrazo cuberto polo LEADER 2014-2020 abrangue os concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa.

Quedan excluídas, segundo as bases reguladoras as entidades singulares de poboación de máis de 6.000 habitantes (datos do INE 2014): núcleos urbanos de poboación de Cangas, Marín e Pontevedra; e os parques empresariais sitos no concello de Pontevedra: polígono industrial do Campiño e parque empresarial do Vao.

Descarga mapa GDR – 15

mapa territorio

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) mediante a resolución do 13 de decembro de 2019, publicou o Acordo do Consello de Dirección da Agader polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Segundo o calendario de xestión establecido nas bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da submedida 19.2 estará vixente desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG da convocatoria da Agader e durante todo o período de execución da medida Leader, tendo en conta a seguinte data anual de admisión de solicitudes:

  • 31 de xaneiro de cada ano: data final de admisión de solicitudes para a proposta anual de selección de proxectos

As solicitudes, xunto coa documentación complementaria, presentaranse por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, e réxense polo Réxime de Axudas publicado, xunto coas Bases Reguladoras.

ENLACE PARA DESCARGA DE FORMULARIOS ON LINE E/OU TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA