Proxecto de adquisición e acondicionamento dun inmoble para a creación dun aloxamento turístico coa categoría de pensión 3 estrelas con servizo de restauración/comedor na parroquia de Gaxate no municipio de A Lama.

O establecemento conta cunha edificación principal con planta baixa de 112.68m2 útiles, planta alta de 128.11m2 e planta baixo cuberta de 67.70m2 ; e tamén cunha edificación auxiliar con planta baixa de 80.78m2, planta ático e almacén de 6.91m2, nunha parcela de 2.859m2

Na edificación principal a planta baixa está distribuída en salón-comedor de 41.80m2, sala de billar de 23.36m2, cocina de 15.38m2 e as zonas de uso común/servizos xerais (pórche exterior 9.12m2, vestíbulo 5.86m2, aseos 3.10m2, caldeira/depósito, etc); tanto na planta alta como na planta baixo cuberta ubicarase o aloxamento da pensión con 8 habitacións e capacidade para 16 prazas. A planta alta estarán distribuída en 4 habitacións con baño propio (dormitorio 1 de 20.31m2 e baño 4.37m2, dormitorio 2 de 16.05m2 e baño 4.10m2, dormitorio 3 de 12.68m2 e baño 4.10m2, dormitorio 4 de 23.68m2 e baño 6.55m2), ademais de contar con balcóns, galería e terraza; e a planta baixo cuberta estarán distribuída en 2 habitacións con baño (dormitorio 5 de 19.28m2 e baño 6.39m2, dormitorio 6 de 12.68m2 e baño 4.30m2), xunto cunha salar de estar común de 16.52m2.

Na edificación auxiliar a planta baixa está distribuída en 2 habitacións con baño (dormitorio 7 de 19.62m2 e baño minusválidos 8.82m2, dormitorio 8 de 13.95m2 e baño 5.16m2), e zona multiusos de 6.91m2 e sala de máquinas de 6.19m2, sala de billar de 23.36m2, porches exteriores; e a planta ático para uso do persoal e almacén.

As instalacións tamén contarán cunha zona axardinada e como complemento unha piscina de 12x4m climatizada, e plantexa unha política colaborativa con axentes turísticos para ofertas actividades na zona.

Creación dunha empresa destinada á produción de calcetíns grosos de alta calidade utilizando materiais como lana, algodón etc, asentada no viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis.

Os seus fundadores operan no sector textil dende o ano 2015 adicados ao deseño e comercialización do mesmo tipo de calcetíns que agora pasan a producir e teñen como cliente principal á marca Thunders Love cunha demanda de calcetíns incremental.

O investimento contempla: adquisición de 3 Maquinas de calcetíns (modelo BUSI 500,diametro 5",agullas 52-112) con Software necesario (ART-GEN); Lavadora, Secadora e Compresor de tornillo

Ampliación dunha empresa adicada á distribución de produtos alimentarios de panadaría e pastelaría coa construción de nave industrial no polígono industrial Outeda-Curro no municipio de Barro, que permita aumentar a súa capacidade comercial e de distribución actual.

Trátase dunha empresa que leva dende 1963 distribuíndo produtos alimentarios, e que actualmente conta cunha nave industrial en Narón e outra en Carral para distribución e almacenaxe.

O investimento contempla: Honorarios técnicos; Obra civil (Nave Industrial); Estanterias (Paletización Convencional e Paletización Push Back); Cámaras (Cámara de Conxelado, Cámara de Chocolate, Cámara de Frescos, Zona de Refrixeración)

Guías Galaicos busca ser un referente nas actividades de aventura na montaña e especializarse nas trekking verticais. Para lograr unha boa base na súa comunidade e diversificar o negocio ocupa o seu calendario con: clases de marcha nórdica, sendeirismo, orientación, escalada, descenso de barrancos, avistamento de fauna e dar un soporte total o Camiño da Geira e Arrieiros ata Santiago.

Os investimento contempla: Furgoneta (Nova Transit Kombi Tracción EcoBlue Hybrid 110KW ou análoga)

Bastons 2 tramos walking, Telescopio terrestre e Paxina web.

Xacobleas é un obrador de panadería adicado á fabricación e comercialización de obleas ao por maior, emprazado temporalmente no viveiro de empresas de Barro-Meis.

O proxecto consiste en acondicionar un novo local en Curro no municipio de Barro que permita manter a continuidade e estabilidade a empresa, e dar cabida a unha sala climatizada de atemperado de chocolate, que coa maquinaria axeitada permita a fabricación continua da nova liña de produto “Xacobleas chocolate”. Este produto testouse no último ano con pequenos lotes atemperados a man, cando as condicións climatolóxicas o permitían (60% de humidade, temperatura entre 17 e 19 grados) e, a reacción do público, así como o interese de varios distribuidores en incorporar Xacobleas chocolate a súa carteira de produtos, fai necesario ampliar a capacidade produtiva.

O investimento contempla: honorarios técnicos, pequena obra civil e máquina atemperadora chocolate equipada

Ampliación do centro de estética avanzado “Petit Salon” existente no municipio de Bueu, con adquisición dun equipo de radiofrecuencia para tratamentos estéticos da calidade que demanda o mercado, e acondicionamento do local para dispoñer nas instalacións de 215 m2 con: cinco cabinas para tratamentos, dos delas ten cabina de ducha; dous pediluvios, uno deles con dous postos; tres postos para tratamento de unllas; dúas oficinas, una delas preparada para atender ao público; unha recepción e dúas salas de espera; dous baños; un almacén; un vestiario para o persoal; un cuarto de lavadora/secadora.

Os investimento contempla: obra civil de acondicionamento do local, equipo Indiba Edna Plus e electrodomésticos (lavadora e secadora)

Mecanización do centro forestal Rís Baixas ubicado en Figueirido no municipio de Vilaboa, mediante a compra e instalación de dúas máquinas de enchido de substrato: unha delas fai o proceso de enchido de macetas de grandes dimensións para plantas de gran porte; e a outra executa o enchido das bandexas de planta e pequenas macetas de sementeira.

A adquisición desta maquinaria supón unha modernización e optimización dos recursos do centro forestal, que repercute directamente nun abaratamento dos costes de produción actuais da planta.

Acondicionamento dun novo local para ampliar e modernizar unha clínica dental ubicada en O Toural no municipio de Vilaboa, para dotala da última tecnoloxía dispoñible, eficiencia enerxética e acceso para persoas con mobilidade reducida. Supón unha mellora nas instalacións e equipamento da clínica odontolóxica que repercuten nunha maior prestación de servizos, redución de tempos de traballo, incremento e mellorar a capacidade asistencial.

O investimento contempla: as obras realizadas no interior do inmoble de 132.77m2 que permiten conformar a recepción e unha sala de espera, dous despachos, tres consultas, unha sala de raios X, un aseo adaptado, un office, un pequeno laboratorio, un almacén, unha sala de descanso e un aseo; ademais da adquisición de equipo médico radiolóxico para a realización de imaxes en 2D e 3D, coas que obter unha visión ampla de todo o maxilar e a mandíbula.

Proxecto de creación de 6 pistas de pádel de 20x10 m con vestiarios e zona de recepción/cafetería, situadas nas inmediacións do club de golf de Domaio en Moaña.

Entre os servizos específicos a realizar figuran: o aluguer de pistas e a impartición de clases por parte de monitores de pádel profesionais; outros servizos complementarios como o alugameto de material (con opción de venda) como palas, pelotas ou téxtil relacionados coa práctica deste deporte, e un servizo de cafetería. Ademais organizarán eventos e torneos co obxectivo de promocionar o pádel na zona.

Proxecto de acondicionamento de local para a creación dun hotel coa categoría 3 estrelas con servizo de comedor e restauración aberto ao público no municipio de A Lama.

O establecemento contará na pranta baixa cun restaurante público, un salón social, un comedor para o propio hotel, a cociña e as zonas de uso común/servizos xerais (recepción, oficina, aseos de uso público, despensa, distribuidor, etc); tanto na pranta primeira coma na pranta baixocuberta ubicarase o aloxamento do hotel con capacidade para 70 prazas (56 en cuartos dobres, 2 en cuartos individuais e 12 en cuartos familiares) distribuídas en 33 habitacións (28 dobres, 2 individuais e 3 familiares), ademais de contar con lavandería, vestiarios, office, almacén baño e distribuidor; e no sótano estará a zona de descanso do persoal, con aseos e varias zonas de almacén, o garaxe, as salas de máquinas e de caldeiras, o centro de transformación/electricidade, etc. As instalacións que terán tamén unha zona axardinada.ofertarán actividades turísticas complementarias na zona.