O GDR Pontevedra Morrazo culmina a primeira fase dos traballos preparatorios para converterse en entidade colaboradora da Xunta de Galicia na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, coa solicitude formalizada este luns 01 de agosto de 2022.
Os traballos preparatorios comezaron o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras. Entre outros asuntos, aprobáronse en Asemblea xeral a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período, e púxose en marcha a campaña #somos GDR para animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do GDR, promovendo a participación das mulleres nos órganos de goberno e a participación activa dos socios para o deseño da estratexia do territorio do novo período 2023_27
Ademais, houbo que elaborar unha exhaustiva documentación:
Sobre a propia entidade e asociados, indicando as propostas para garantir a participación activa dos socios, e para a promoción da participación das mulleres nos órganos de goberno e nas tomas de decisións.
Sobre a delimitación do territorio de actuación do GDR Pontevedra Morrazo caracterizando e identificando os factores xeográficos, económicos, sociais e culturais que contribúen á cohesión funcional do mesmo.
Unha memoria explicativa coa proposta do proceso participativo que se levaría a cabo, en caso de ser seleccionada, para as actuacións preparatorias da estratexia de desenvolvemento local.
E outra memoria explicativa na que se indicaba como se afrontarán, no caso de ser seleccionado o GDR, as actuacións preparatorias para elaboración dos contidos da estratexia 2023_27. O documento inclúe as propostas metodolóxicas para o análise e diagnóstico do contexto territorial e socioeconómico, da actuación retrospectiva das EDLP no territorio, de análise do novo marco normativo e institucional e o seu impacto previsible na futura estratexia, da análise do uso e ocupación do territorio rural no ámbito xeográfico do GDR, da coordinación coas estratexias doutros GDR de Galicia, das propostas para identificar e promover proxectos piloto así como a metodoloxía para definir os obxectivos, plan de acción, formación , animación e cooperación etc.)
Máis información
Web, facebook, instagram
695333087
#somosGDR é unha campaña que busca a participación activa das entidades e asociacións do territorio no Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo.
As asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio podedes formar parte do GDR.
Por que asociarse ao GDR?
ASÓCIATE E PARTICIPA NO DESENVOLVEMENTO DO TEU TERRITORIO!
SOMOS COMPROMISO, SOMOS RURAL, #SOMOSGDR
Como Participar?
Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso, xunto coa seguinte documentación:
Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá acreditar que desenvolve unha actividade relevante en dito ámbito territorial