O Concello de Soutomaior proxecta a creación dun punto de información turístico na zona da Feira en Arcade, preto do inicio do tramo do Camiño Portugués que discorre por municipio, que permita canalizar a experiencia dos peregrinos, visitantes e veciños dentro do seu destino no término municipal e valorizar os recursos e atractivos turísticos municipais a través dunha caseta informativa e o uso das novas tecnoloxías como canal de comunicación e interacción co turista.
Esta iniciativa ten por obxectivos: incrementar a satisfacción do peregrino/turista/visitante grazas ó apoio e información prestados; dotar dun punto de información turística municipal; e mellorar a eficacia na promoción e xestión dos recursos turísticos do concello.