Creación de aula internet e multimedia adaptada en Arcade

  • Promotor: Concello de Soutomaior
  • Localización: Arcade - Soutomaior
  • Orzamento: 38.730,38 €
  • Axuda Aprobada: 30.016,04 €

O Concello de Soutomaior proxecta a creación dunha aula de internet adaptada de uso comunitario e público na Casa de Cultura de Arcade que permita dar servizo e acceso ós veciños e ás persoas con mobilidade reducida á sociedade da información con conexión de balde a internet como recurso para a alfabetización informática, consultas e trámites dixitais, apoio á formación, desenvolvemento cultural, etc.

O proxecto ten por obxectivo facilitar o uso das novas tecnoloxías, permitindo o desenvolvemento da sociedade da información e as relacións dixitais, utilizando as TICs como medio de inclusión social promovendo que todos os cidadáns poidan navegar gratuitamente a través do equipamento adquirido e a accesibilidade ás instalacións.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Ningún evento vindeiro!