Mecanización Almacen Adega Ardán

  • Promotor: Adega Ardán S.L.
  • Localización: Vilaseca-Marín
  • Orzamento: 4.400 €
  • Axuda Aprobada: 1.298 €

Descrición

Proxecto dunha adega artesán e familiar ubicada en Ardán-Marín con case 2 hectáreas de viñedos en parras de variedade albariño e caiño tinto baixo a IXP Ribeiras do Morrazo; que mecaniza mediante unha apiladora eléctrica con cargador incorporado os procesos de transporte-apilado-almacenamento da mercadoría producida na adega e nos seus almacéns, para reducir os custes de produción e optimizar os traballos onde os espazos son pequenos e axustados.