Esta semana tivemos reunión das mesas sectoriais do GDR Pontevedra Morrazo para nomear aos/as representantes que formarán parte da Xunta directiva para os vindeiros tres anos. Moitas grazas a todas as persoas e entidades participantes, pola vosa colaboración‼️
A Comisión Europea lanzou un cuestionario en liña para recoller a opinión dos/as agricultores/as e gandeiros/as da UE sobre a carga que supoñen os procedementos e normas relacionados coas axudas financeiras da Política Agrícola Común (PAC) Participa agora! Accede ao cuestionario pulsando neste link Dispoñible ata o 8 de abril de 2024. Os resultados contribuirán ao debate sobre simplificación da PAC
A afirmación de que cando as mulleres teñen as mesmas oportunidades, tod@s gañamos, non é só unha crenza; é unha realidade que podemos constatar no día a día do GDR: Máis do 54% dos proxectos impulsados polo GDR no período de axudas 2014-2020, foron promovidos por mulleres. Este dato non só resalta a capacidade e determinación das mulleres nas nosas comunidades rurais, senón tamén o noso compromiso coa igualdade de xénero como pilar fundamental para un desenvolvemento rural sostible e inclusivo. Parabéns a todas!!
Este xoves estaremos na sede da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC) de Pontevedra, na presentación da plataforma PTI AGROFOR, que aúna a grupos de investigación do CSIC, especializados nas áreas agraria, agroalimentaria e forestal, con entidades e empresas que traballan nestes sectores co obxectivo de xerar actividades conxuntas para mellorar a transferencia do coñecemento e a innovación.  Para participar compre inscrición previa!!
✨ É tempo de Nadal❗ Dende o GDR desexámosvos unhas moi boas festas❗❗ Podes ver o vídeo de felicitación do Nadal da IXP xusto aqui abaixo
O 2º proxecto de cooperación das IXP de viño de Galicia culmina coa creación e posta en marcha da asociación dos operadores das IXP, coa elaboración de estudos preeliminares para mellorar a base territorial das explotacións e apostando polo enoturismo. A asociación nace dentro do proxecto de cooperación “Desenvolvemento e dinamización das IXP de Viño de Galicia” . Trátase dunha iniciativa impulsada polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR 15 Pontevedra Morrazo, GDR 03 Montes e Vales Orientais, GDR 11 Comarca de Ourense, GDR 17 Salnés, Ulla, Umia GDR 18 Deloa, GDR 23 Mariñas Betanzos) e financiada polo FEADER (Fondo Europeo…
Grazas a todas as persoas participantes nas actividades divulgativas da “Ruta dos viños oceánicos” da IXP Ribeiras do Morrazo. Os catro eventos temáticos, foron dedicados á gastronomía, viticultura e castes, ás rutas enoculturais e á Historia, Patrimonio e cultura do viño. Por eles pasaron persoas de diferentes ámbitos relacionados coa cultura do viño o ámbito da gastronomía, periodismo, enoloxía, bioloxía, economía, historia, antropoloxía etc. Dende finais de outubro ata finais de novembro, o numeroso público asistente puido desfrutar de faladoiros temáticos, da música de raíz, relacionada co tema do coloquio e interpretada por Xabier Blanco e das catas comentadas por…
? Unha Sociedade Unida na Loita contra a Violencia de Xénero No GDR,  reafirmamos o noso compromiso na loita contra a violencia de xénero. Recoñecemos que combatela non é só un deber individual, senón unha responsabilidade colectiva. O silencio e a indiferenza non son opcións; son actitudes que nos fan cómplices dunha das maiores inxustizas sociais. ? Actuar é Clave: Rompendo coa Indiferenza Cremos firmemente que para lograr unha sociedade libre de violencia de xénero, debemos romper coa indiferenza. Cada acción, por pequena que pareza, contribúe a un cambio significativo. Dende o GDR, animamos a toda a comunidade a unirse…
A empresa FRUTODS, solucións conceptuais e innovación, ven de recibir o premio de AGADER ao desenvovemento rural 2023 na Categoria de de innovación tecnolóxica Situado no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, este proxecto contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo para a ampliación e modernización das súas instalacións, cun investimento de 262.516,60 €, para albergar a oficina técnica, un laboratorio de I+D+I, un obradoiro e equipamento específico, impresoras 3D etc.
Coincidindo co día mundial do enoturismo, o GDR publicou un vídeo divulgativo da bitácora audiovisual da “RUTA DOS VIÑOS OCEÁNICOS” na IXP Ribeiras do Morrazo. Trátase de 14 pezas audiovisuais para darlle voz aos legatarios do patrimonio, aos viticultores e a todos aqueles que posúen coñecementos, experiencias e vivenciais vencelladas á cultura do viño nas súas múltiples dimensións humanas, históricas, artísticas e culturais.Preme a ligazón para acceder ao vídeo divulgativo: https://youtu.be/JJdwTFgSXMw A “Ruta dos viños oceánicos” que o GDR esta a desenvolver, é un itinerario enoturístico e cultural que percorre os atractivos turísticos dos concellos da IXP Ribeiras do Morrazo…