Conscientes da importancia da paisaxe como elemento fundamental da calidade de vida das persoas e como elemento vertebrador e integrador para o desenvolvemento sustentable do territorio, o GDR Pontevedra Morrazo lanza en redes un vídeo  de sensibilización sobre a paisaxe e a necesidade compartida de poñela en valor e preservala fronte a unha modernidade e un desenvolvemento non sempre ben entendidos. Coidemos a paisaxe, o momento é agora! Enlace vídeo: https://youtu.be/VF5y4EgXuCs 20 de outubro, #díainternacionaldapaisaxe
O mércores 13 de outubro, trala celebración de varias reunións de traballo cos viticultores de Cela e outras persoas interesadas, o GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu presentou no Centro Social do Mar as conclusións alcanzadas trala análise de diferentes alternativas para potenciar a viticultura na zona no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.  
Onte tivo lugar no Centro Social do Mar o segundo obradoiro de traballo para validar as alternativas que permitan potenciar a viticultura en Bueu no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu levado a cabo polo GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño.
O luns 27 de setembro o GDR Pontevedra-Morrazo organizou, en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu, un obradoiro de traballo no Centro Social do Mar dentro do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo, continuando así co diagnóstico e análise das diferentes alternativas que permitan poñer en valor as castes e os viñedos da zona, contribuír a evitar o arranque ou abandono dos mesmos, e impulsar o aumento da superficie en produción certificada dentro da citada IXP.
Os días 23 e 30 de setembro e o 6 de outubro o GDR Pontevedra-Morrazo organiza uns seminarios de traballo, dirixido aos seus promotores, para facilitar a elaboración de “Plans de Responsabilidade Social Corporativa (RSE/RSC)”. Estas xornadas formativas, cun enfoque eminentemente práctico, organizaranse través de medios telemáticos para que empresas ou entidades do territorio poidan reflexionar na procura de respostas orixinais a carencias, problemas ou necesidades do contorno inmediato das organizacións. A Responsabilidade Social representa unha nova perspectiva de xestión para todo tipo de entidades, grandes ou pequenas, lucrativas e non lucrativas. Trátase da integración voluntaria por parte das empresas…
As resolucións para os proxectos da convocatoria 2021/22 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, que deberán ser emitidas por AGADER, supoñen un investimento total de 1.728.996,49 euros e unha axuda pública de 582.050,46 euros. O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2021/22 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 03 de xuño de 2021, aprobáronse 10 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2021/22 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada…
O GDR Pontevedra Morrazo en colaboración coa Asociación de viticultores San Martín de Bueu convocan aos viticultores de Bueu a unha charla-coloquio para dar a coñecer o proxecto de posta en valor dos recursos vitivinícolas do concello de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo A charla, que terá lugar o día 6 de agosto ás 18:30 h. no exterior da Escola Torrecino de Cela (Bueu) será o punto de partida dun proxecto que ten como principal obxectivo a ampliación da base territorial e dinamización do sector vitivinícola da IXP  Ribeiras do Morrazo para poñer en valor os…
A Consellería do Medio Rural ven de presentar a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, na que participou o GDR Pontevedra-Morrazo, e que persegue consolidar os viños galegos nos mercados nacional e internacional e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen. O grande obxectivo da Estratexia é mellorar o posicionamento dos viños galegos, aumentar a súa competitividade en mercados nacionais e internacionais e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce. A Estratexia de dinamización…
O pasado venres tivo lugar a constitución da Comisión de Seguimento do convenio de colaboración entre a Agader e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo segundo ao previsto na cláusula 23ª do convenio de colaboración para a aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local conforme á medida Leader do PDR de Galicia 2014-20. Na citada Comisión actuaron como representantes de Agader o subdirector de Relacións cos GDR, Moisés Blanco Paradelo e o xefe de área de Seguimento e Control de Programas, José Sanlés, e como representante do GDR actuou o xerente, José María Tobío. Entre outros asuntos, tratouse o Convenio…
A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé Riveira, o Subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo e o Subdirector de Planificación e Dinamización do Medio Rural, Alfredo Fernández Ríos visitaron xunto con representantes do concello de Bueu e o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo o proxecto de ampliación dun Centro psicopedagóxico en Bueu subvencionado a través do Leader. Este proxecto, que moveu un orzamento de 47.931,41 € e contou cunha axuda de 16.536,34 € xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo, permitiu levar a cabo o acondicionamento e equipamento do local, ademais do deseño dunha…