As resolucións para os proxectos da convocatoria 2020/21 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, supoñen un investimento total de 426.196,54 euros e unha axuda pública de 184.725,22 euros.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2020/21 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2020, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2020/21 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 426.196,54 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 12,23 empregos (UTAS) dos cales 4,25 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 184.725,22 euros.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS 2020/21 para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.
Nesta ocasión, CONCORRERÁN A ESTA CONVOCATORIA AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS ATA O 31 DE XANEIRO DE 2020. As solicitudes de axuda para proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo e presentaranse a través da Sede Eléctronica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no formulario e coa documentación prevista nas bases reguladoras desta convocatoria.
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Un ano máis o GDR Pontevedra-Morrazo participou no II Encontro Leader Galicia que tivo lugar na Estrada adicado ao turismo como dinamizador do rural. O evento organizado pola AGADER e a Asociación de GDR de Galicia contou, entre outros, coa presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e coa do director de Agader, Miguel Pérez Dubois. O acto celebrouse nunha carpa aberta na Praza do Concello onde os 24 GDR expuxeron vídeos e imaxes de cada territorio e na que o GDR Pontevedra-Morrazo presentou o novo material promocional de Enoturismo da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo baixo o lema "A emoción de deixarse levar".
Ademais, entre outras actividades, tivo lugar a presentación da primeira edición dos premios Leader, unha degustación de produtos dos 24 territorios e a presentación de grandes fitos turísticos dos GDRs.
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2019 de axudas europeas Leader 2014-2020 por importe de 1.961.421,87 euros de investimento total e 770.116,925 euros de axuda pública.
O xoves 18 de xullo, celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra a reunión da Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo coa finalidade de aprobar os proxectos da convocatoria 2019/20 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020, que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo.
De entre as solicitudes presentadas ata 01 de abril de 2019, a Xunta Directiva aprobou 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2019/20 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.961.421,87 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 54,93 empregos (UTAS) dos cales 14,5 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 770.116,92 euros.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda para a primeira proposta anual de selección de proxectos da anualidade 2019/20 rematará o 31 de marzo de 2019.
De acordo coa Lei 39/2015 do procedemento administrativo, ao ser este un día inhábil, a data de fin de prazo enténdese prorrogada ao día hábil seguinte, neste caso, o luns 01 de abril de 2019.
Así mesmo, lembramos que o prazo máximo para as persoas (físicas ou xurídicas) que presenten as solicitudes a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) rematará o 1 de abril ás 23:59 minutos e 59 segundos. Nos concellos nos que o día 01 de abril de 2019 sexa festivo local e teñan a presentación electrónica rematará o día 02 de abril ás 23:59 minutos e 59 segundos.
As solicitudes que consten rexistradas en SEDE ás 00:00 horas ou posterior non son admisibles por estar presentadas fóra de prazo.
En relación ás solicitudes presentadas de xeito presencial polas persoas físicas (non obrigadas á presentación electrónica) na sede do GDR o prazo rematará o 1 de abril ás 14.00 h. (se é nun rexistro público: ás 14.00 h. e se se presentara nunha oficina de correos á hora de peche desa oficina).
Nota: No hipotético caso de que o sistema informático da SEDE electrónica falle o último día de presentación de solicitudes e persoas xurídicas obrigadas á presentación electrónica decidan presentar a solicitude en papel no rexistro do GDR, unicamente se considerarán válidas esas solicitudes nos supostos nos que resulte acreditado o fallo do sistema informático (apertura dun número de incidencia no teléfono 012, por exemplo).
Máis información:
O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron xunto co alcalde de Soutomaior e o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo a nova sede da empresa FrutoDS.
Este proxecto, consistente na ampliación e modernización dun estudo de deseño de produto e industrial no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo. As novas instalacións, que moveron un orzamento de 262.516,60 €, albergan unha oficina técnica e novas áreas como un laboratorio de I+D+I e un amplo espazo de obradoiro de 81.2m2, que xunto coas impresoras 3D e equipamento específico, lles permite: a produción de pezas a través da tecnoloxía 3D para o prototipado dos produtos, a montaxe dos prototipos deseñados, a realización das probas “in situ” e almacenaxe, mellorando a produtividade, e acadando unha maior eficiencia e calidade no proceso produtivo.
O director xeral de Agader destacou a necesidade de dotar ao rural galego dos mesmos servizos cos cidadáns poden ter nas urbes para mellorar a calidade de vida da poboación e a importancia deste tipo de proxectos para dinamizar o rural, facelo atractivo e ademais xerar unha actividade económica. Así mesmo, aproveitou a ocasión para recordar que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para a nova convocatoria de axudas Leader. Así, os interesados en optar a unha subvención poden enviar os seus proxectos ata o 31 de marzo ao GDR.
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2018/19 de axudas europeas Leader por importe de 698.265,12 euros de axuda pública e 1.842.306,28 euros de investimento total para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
De entre as solicitudes presentadas ata 31 de maio de 2018, a Xunta Directiva aprobou 21 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2018/19 e contribuirán a creación e consolidación de 59,95 empregos (UTAS) dos cales 10,81 empregos serán de nova creación.
O Centro cívico do concello de Barro albergou a primeira dun novo ciclo de xornadas informativas que o GDR vai desenvolver polos 13 concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, con motivo da convocatoria de axudas da medida LEADER Galicia 2014-2020, anualidades 2018/19.
Estas Charlas, abertas ao público en xeral, teñen como principal obxectivo dinamizar e achegar a información das axudas aos potenciais beneficiarios; asociacións, comunidades de montes, PEMES, emprendedores e promotores en xeral.
Nas xornadas informase das liñas de actuación e tipoloxía de proxectos susceptibles de seren subvencionados, así como dos requisitos, procedementos, baremo etc. que haberá que cumprir para optar con éxito ás axudas do Leader Pontevedra Morrazo.