Visita dos integrantes do curso "Horticultura ecolóxica", enmarcado dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", á explotación de Pilar Vispo en Camanzo, Vila de Cruces.

Os alumnos puideron coñecer de primeira man os pasos para producir en ecolóxico así como o sistema de comercialización dos produtos de horta baixo certificación ecolóxica.

Agradecer a Pilar a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa actividade.

 

 

 

Publicado en novas

As resolucións para os proxectos da convocatoria 2020/21 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, supoñen un investimento total de 426.196,54 euros e unha axuda pública de 184.725,22 euros.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2020/21 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2020, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2020/21 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a  426.196,54 euros,  e contribuirán a creación e consolidación de 12,23 empregos (UTAS) dos cales 4,25 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida  foi de 184.725,22 euros.

Publicado en novas

O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases  telemáticas dentro do programa formativo “Xestión Agroforestal Sustentable 2020” que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo.

Esta modalidade de teleformación permite recibir a formación dunha maneira segura e tamén moi dinámica, dado que os alumnos poderán interactuar co profesorado, realizando consultas do mesmo xeito que o farían presencialmente, contando co apoio e acceso permanente, ao  material formativo en liña, así como ás gravacións de cada sesión.

Nesta edición 2020, de 27 horas lectivas, abordaremos os seguintes contidos didácticos:

  • Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico.
  • Regulamento europeo de produción ecolóxica.
  • Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
  • Deseño do horto ecolóxico.
  • Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo.
  • Operacións de cultivo.
  • Fertilización.
  • Bases para a elaboración de compost.
  • Pragas, enfermedades e malas herbas (Clasificación. Tratamento e control)
  • Manexo vexetativo (Métodos de multiplicación de plantas. Poda. Asociacións rotacións de cultivos).
  • Comercialización (A comercialización dos productos. Canles de distribución e venda. Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa. Esquema dun plan de marketing).

O curso de Horticultura Ecolóxica terá continuidade ata o 13 de outubro, no que finalizará cunha visita a unha explotación hortícola ecolóxica.

Publicado en novas

O GDR Pontevedra-Morrazo porá en marcha os dias 06 e 09 de outubro 2 seminarios de traballo, dirixido aos seus promotores, para facilitar a elaboración de “Plans de Responsabilidade Social Corporativa (RSE/RSC)”.

Estas xornadas formativas, cun enfoque eminentemente práctico, organizaranse través de medios telemáticos para que empresas ou entidades do territorio poidan reflexionar na procura de respostas orixinais a carencias, problemas ou necesidades do contorno inmediato das organizacións.

A Responsabilidade Social representa unha nova perspectiva de xestión para todo tipo de entidades, grandes ou pequenas, lucrativas e non lucrativas. Trátase da integración voluntaria por parte das empresas ou entidades, das preocupacións sociais e medioambientais nas súas operacións comerciais e nas relacións cos seus interlocutores e  a súa implantación require ineludiblemente do compromiso e a implicación do emprendedor ou máximo responsable da organización. Por esta razón é preciso que os emprendedores ou entidades que decidan avanzar nesta senda asuman motu proprio este modelo de xestión.

Por todo isto, co obxectivo de contribuír promover a Responsabilidade Social Corporativa nas empresas e entidades do territorio  e sendo conscientes das limitacións que teñen os emprendedores en canto a medios materiais e persoais , O GDR Pontevedra Morrazo, facilitará a través destas xornadas prácticas,  a elaboración   de Plans RSE/RSC que melloren a competitividade das mesmas incorporando as inquedanzas sociais e ambientais no desenvolvemento das súas actividades.

Publicado en novas

Dende este martes 22 de setembro estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos da nova edición do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020) ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo no vindeiro mes de outubro na modalidade de teleformación.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020)” de 60 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:

  • Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para reforzalo e empoderalo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
  • Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de outubro son:

  1. Horticultura ecolóxica (27 h)
  2. Apicultura ecolóxica (10 h)
  3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (23 h)

Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que poderan incluir visitas temáticas de traballo (sempre que a situación epidemiolóxica o permita) serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

PRAZAS LIMITADAS: Para a inscrición deberase remitir a solicitude adxunta, debidamente cuberta, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Publicado en novas

Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) abranguen a totalidade do territorio rural galego. Nos últimos 30 anos de existencia os GDR veñen amosando capacidade de dinamización dos territorios cun enfoque de abaixo-arriba, cun modelo de gobernanza propio, tendo como base os recursos locais, a colaboración e o traballo en rede,  e fomentando a innovación e os procesos de cambio no rural.

A campaña ten como principal obxectivo , poñer en valor  esta  contribución á dinamización económica e social do medio rural dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia.

Máis información Facebook @gdrsdegalicia

Publicado en novas

O GDR Pontevedra Morrazo participará nos “Encontros coa Economía Social” que terán lugar dentro da programación da Feira das Industrias Culturais (Culturgal, 2019). 

Os “Encontros coa Economía Social” son breves espazos de reunión nos que distintas entidades do sector cultural galego presentan a representantes institucionais, administracións, empresas, programadoras e técnicas culturais unha proposta de actividade, iniciativa ou produto que poida resultar do seu interese.

O Culturgal celebrarase entre o 29 de novembro e o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Máis información: https://v2.culturgal.com/programa

 

 

Publicado en novas

Este mércores 20 de novembro presentouse a campaña dixital de sensibilización para prevención da violencia de xénero #RACHEMOS COA INDIFERENZA que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo na Casa da Luz do Concello de Pontevedra coa asistencia de Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente do GDR e alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Ángel Pérez Dubois, como Director Xeral da Agader e Ana Ortiz Álvarez como Secretaria Xeral da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ademais, tamén asistiron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos servizos de atención á muller dos diferentes concellos vencellados ao GDR.

Conscientes de que a violencia de xénero é un problema social e non só das mulleres agredidas e que a eliminación da violencia é un reto de toda a sociedade que require unha actuación conxunta e a máxima colaboración e cooperación, o GDR PONTEVEDRA MORRAZO pon en marcha esta CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN ENFOCADA Á CONCIENCIACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza e a Consellería de Medio rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A campaña deseñouse co obxectivo de contribuír á reflexión sobre a problemática da violencia de xénero e sensibilizar á poboación de cara a súa prevención e á promoción da igualdade e consiste no deseño e realización dunha imaxe e slogan así como a creación de tres vídeos curtos para a difusión nos distintos espazos web e redes sociais dos 13 concellos vencellados ao GDR Pontevedra Morrazo.

Publicado en novas
Xoves, 14 Novembro 2019 17:00

Campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA

O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO  “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Os obxectivos da campaña son:

  •  PROMOVER A IGUALDADE E SENSIBILIZAR AOS DISTINTOS COLECTIVOS DA POBOACIÓN.
  • INFORMAR E CONCIENCIAR ACERCA DA PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, RECURSOS E SERVIZOS DE APOIO.
  • PROMOVER UN CAMBIO SOCIAL, AUMENTANDO A CONCIENCIA SOBRE A PROBLEMÁTICA DA DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES E A VIOLENCIA SOBRE A MULLER.

A violencia contra as mulleres é un problema social, e combatela, é responsabilidade de toda a sociedade e require a máxima colaboración e cooperación.

Prema na seguinte ligazón para visualizar os vídeos da campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA:

http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/r-s/igualdade

 

Publicado en novas

Os vindeiros días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra a Indicación Xeográfica Protexida RIBEIRAS DO MORRAZO estará presente na feira do gourmet galego Etiqueta Negra, da man do GDR Pontevedra Morrazo coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe da IXP no mercado.

Trátase dunha cita gastronómica, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.

Nesta cuarta edición, poderanse coñecer e degustar os viños desta nova Indicación Xeográfica protexida vitivinícola e apreciar todos os matices destes viños oceánicos a través das catas comentadas.

Máis información

https://etiquetanegragourmet.com/programa-2019/

Publicado en novas