No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mujeres, lembramos  mediante o lema da campaña #Rachemoscoaindiferenza, a importancia dunha sociedade activa fronte á violencia de xénero .

Publicado en novas

IMPLICARÁ AOS 13 CONCELLOS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA E O MORRAZO NA campaña  # RACHEMOS COA INDIFERENZA PARA SENSIBILIZAR Á poboación e promover un cambio social ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Consciente de que a violencia de xénero é un problema social e non só das mulleres agredidas e que a eliminación da violencia é un reto de toda a sociedade, que require dunha actuación conxunta e da máxima colaboración e cooperación, o GDR PONTEVEDRA MORRAZO puxo en marcha en 2019  unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN  ENFOCADA Á CONCIENCIACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Sensibilizar á poboación dos concellos do territorio sobre as distintas problemáticas derivadas das desigualdades de xénero, en especial sobre a violencia de xénero e informar sobre recursos e servizos de apoio.
  • Promover unha actitude de rexeitamento social fronte ás violencias machistas, concienciando sobre a responsabilidade común da cidadanía á hora de actuar, de visibilizar, de denunciar, etc.

ACTUACIÓNS 2020/21

Neste período, dándolle continuidade á campaña, puxéronse en marcha unha serie de accións combinadas no ámbito online e offline:

  1. APERTURA E DIFUSIÓN DE CANAIS SOCIAIS ESPECÍFICOS

Para apoiar o labor de comunicación e dar visibilidade á campaña Rachemos coa Indiferenza creáronse redes sociais específicas para informar e estimular a participación e interacción das persoas e entidades: 

https://instagram.com/rachemoscoaindiferenza/

https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/

O símbolo utilizado na campaña (que se pode descargar a través da web ou facebook)  pretende mostrar publicamente un compromiso activo contra este tipo de violencia  que ten a súa orixe na desigualdade de xénero.

A través da Web pódense tamén consultar os teléfonos  de atención á muller, servizos asistenciais e outra información de interese de cada un dos 13 concellos do territorio do GDR Pontevedra Morrazo: 

http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/es/resp-social/rachemos-coa-indiferenza

  1. DESEÑO E PRODUCIÓN DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS

Elaboráronse novos contidos audiovisuais para difusión en web e redes, destinados á concienciación e prevención da violencia de xénero.

A produción dos 4 micro-vídeos, combina grafismos con imaxes reais para transmitir as mensaxes da campaña facendo fincapé no seu lema central  #RACHEMOS COA INDIFERENZA.

Os vídeos pretenden mobilizar á poboación e colocan ao conxunto da sociedade como protagonista da loita contra a violencia de xénero, apelando ao activismo da cidadanía, instándoa a rexeitar as violencias machistas, rachando co silencio e a pasividade.

Vídeo 1. A pasividade fainos cómplices: https://www.youtube.com/watch?v=qcyrWJ7U9SA

Vídeo 2. Ti podes cambiar as cousas: https://www.youtube.com/watch?v=fopY6yJn8EU

Vídeo 3. Rexeita as violencias machistas: https://www.youtube.com/watch?v=4MEm6osCVmU

Vídeo 4. Ver, oír e actuar!: https://www.youtube.com/watch?v=NIL68o6uvuw

  1. DESEÑO E PRODUCIÓN DE ELEMENTOS DE SENSIBILIZACIÓN

O material de sensibilización é esencial á hora de dar visibilidade á campaña, por iso editáronse folletos explicativos e cartelería que permita difundir as mensaxes da campaña, facendo de efecto chamada sobre a mesma.

http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/es/resp-social/rachemos-coa-indiferenza

 Ademais, co obxectivo de levar a campaña as rúas, potenciando o seu impacto e facendo visible a adhesión das persoas coa mesma, adquiríronse  “mascarillas faciais” con simboloxía da campaña, contribuíndo así a mellorar a consecución do obxectivo principal.

A difusión da campaña contará coa colaboración dos concellos do territorio do GDR Pontevedra Morrazo a través dos seus servizos de atención á muller, webs, redes sociais etc, optimizando esforzos e recursos.

 

Publicado en novas

Este mércores 20 de novembro presentouse a campaña dixital de sensibilización para prevención da violencia de xénero #RACHEMOS COA INDIFERENZA que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo na Casa da Luz do Concello de Pontevedra coa asistencia de Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente do GDR e alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Ángel Pérez Dubois, como Director Xeral da Agader e Ana Ortiz Álvarez como Secretaria Xeral da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ademais, tamén asistiron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos servizos de atención á muller dos diferentes concellos vencellados ao GDR.

Conscientes de que a violencia de xénero é un problema social e non só das mulleres agredidas e que a eliminación da violencia é un reto de toda a sociedade que require unha actuación conxunta e a máxima colaboración e cooperación, o GDR PONTEVEDRA MORRAZO pon en marcha esta CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN ENFOCADA Á CONCIENCIACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza e a Consellería de Medio rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A campaña deseñouse co obxectivo de contribuír á reflexión sobre a problemática da violencia de xénero e sensibilizar á poboación de cara a súa prevención e á promoción da igualdade e consiste no deseño e realización dunha imaxe e slogan así como a creación de tres vídeos curtos para a difusión nos distintos espazos web e redes sociais dos 13 concellos vencellados ao GDR Pontevedra Morrazo.

Publicado en novas