O pasado venres 31 de outubro, celebramos no Salón de Plenos do Concello da Cañiza a presentación institucional do proxecto de cooperación LEADER Vía Mariana Luso-Galaica, un evento que reuniu representantes institucionais, grupos de desenvolvemento rural, entidades locais, e representantes da Asociación da Vía Mariana Luso-Galaica e organizacións vinculadas ao turismo e á cultura.
A iniciativa, impulsada por seis GDR galegos, ten como obxectivo promocionar e dinamizar turisticamente a Vía Mariana, un itinerario que conecta Braga con Muxía a través de santuarios marianos e paisaxes de gran valor natural e patrimonial.
O evento supuxo un punto de partida clave para esta iniciativa de cooperación que permitirá traballar conxuntamente para reforzar a identidade e valor do noso rural e ofrecer novas oportunidades de turismo sostible
#Cooperación #VíaMariana #LEADER #TurismoSostible #DesenvolvementoRural #somosGDR
