Remata Memoria Sonora: Un proxecto do GDR que uniu patrimonio e benestar

 

O balance non deixa dúbidas: con máis de 120 persoas beneficiarias en 5 centros de día do noso territorio, Memoria Sonora contribuíu a:

✅ Mellorar a atención, interacción e benestar das persoas maiores participantes,

✅ Poñer en valor o patrimonio inmaterial galego

✅ Demostrar que a cultura tamén é saúde e benestar.

O GDR Pontevedra Morrazo seguirá apostando por iniciativas que, coma esta, mesturen innovación social e tradición, poñendo as persoas no centro do desenvolvemento rural. 

O noso máis sincero agradecemento a todos os centros e ás persoas participantes por facelo posible. E á Fundación Legar e a Xavier Blanco pola súa magnífica labor.

@AFAMO @ContigoGalicia @Apreixo @[Centro Soutomaiores] @SacendiSaraivaPoio @FundaciónLegar