Fortalecendo o enoturismo nas IXP de viño de Galicia

O GDR Pontevedra-Morrazo celebrou este xoves, na súa oficina técnica, unha reunión de traballo coa participación das adegas das 5 Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Viño de Galicia e as asistencias técnicas do proxecto.
Durante o encontro presentouse o avance das accións incluídas no proxecto de cooperación de Enoturismo nas IXP de viño de Galicia, así como o proceso de creación da Rede de Colaboradores das IXP, destinada a fortalecer a relación entre os actores públicos, privados e operadores turísticos.
Esta rede permitirá coordinar esforzos, compartir coñecemento e impulsar o enoturismo sostible como motor de desenvolvemento económico e social nos territorios vitivinícolas galegos.