O GDR Pontevedra Morrazo participa no proxecto de Cooperación Leader “Vía Mariana Luso-Galaica”, xunto a outros cinco grupos galegos, co propósito de promocionar e dinamizar turisticamente este itinerario que une Braga e Muxía.
Na última reunión, mantivemos un encontro coa Asociación da Vía Mariana, promotora da ruta desde 2018, para fortalecer o traballo conxunto e o desenvolvemento turístico sostible do territorio.
Un proxecto que une ? cultura, natureza e comunidade.
GDR participantes: Pontevedra Morrazo, Deloa, Terras de Compostela, Costa da Morte, Eu Rural e Terra e Auga (grupo coordinador).
#Cooperación #VíaMariana #LEADER #TurismoSostible #DesenvolvementoRural #somosGDR
