Esta semana votou andar en cinco centros de día do territorio o proxecto “Memoria Sonora”; unha iniciativa do GDR Pontevedra Morrazo, que utiliza a música de raíz como elemento vivo de conexión, memoria e coidado das persoas maiores máis vulnerables.
Trátase dunha iniciativa de intervención social para estimular as funcións motrices, cognitivas etc. das persoas maiores en situación de vulnerabilidade; promover o seu benestar emocional e social; e preservar e divulgar, ao mesmo tempo, o noso patrimonio cultural inmaterial.
Obxectivos
Obxectivos Xerais
- Mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
- Poñer en valor o noso patrimonio cultural inmaterial
Obxectivos Específicos
- Estimular a memoria, a expresión emocional e a conexión social das persoas maiores participantes
- Favorecer a inclusión e o empoderamento dos colectivos de maiores vulnerables
- Preservar e divulgar a música de raíz galega
Metodoloxía e actividades
O proxecto realizarase en colaboración con 5 centros de día do territorio, usando a música de raíz como ferramenta de estimulación cognitiva, emocional e social. Actividades:
- Avaliación inicial e deseño de sesións terapéuticas
En colaboración co persoal técnico de cada un dos 5 centros de día do territorio, realizarase unha avaliación individual dos participantes para identificar as súas necesidades e capacidades e planificaranse as sesións terapéuticas adaptadas aos diferentes perfís e necesidades dos participantes, combinando actividades de creación de instrumentos, interpretación musical e movementos acompasados.
En función da avaliación e progreso dos participantes poderanse realizar axustes na intervención, se fora necesario.
- Obradoiros de creación de instrumentos
Realizaranse 5 talleres de creación de instrumentos utilizando materiais naturais e técnicas artesanais. Estes talleres contaran cos recursos e materiais necesarios e estarán dirixidos por persoal técnico axeitado.
- Sesións terapéuticas
As sesións terapéuticas incluirán a execución musical cos instrumentos creados, a práctica de repertorio de música de raíz galega e exercicios de movemento acompasado adaptados a cada participante.
Realizaranse 20 sesións grupais (4 por cada centro) que terán unha duración de 90 minutos cada unha.
Seguimento e avaliación
Elaboraranse indicadores de mellora e recolleranse testemuños para a redacción dun informe final
Entidade executora
Fundación Legar, inscrita no Rexistro de Fundacións de interese galego, con ampla traxectoria en intervención sociocultural a través da música de raíz e Xavier Blanco, erudito da música de raíz galega, con máis de 40 anos de investigación e máis de 1.200 instrumentos catalogados e restaurados .
Centros de día participantes:
- AFAMO (Tirán Moaña), Fragata Villa de Madrid 11
- CONTIGO (Moaña), José Costa Alonso 30
- APREIXO (Moaña), As Barxas 14
- SOUTOMAIORES (Soutomaior), Barrio Sobral 36A
- SARAIVA POIO (Combarro Poio), Avda. Chancelas 4-6
Financiamento e prazo:
- Cofinanciado pola Unión Europea, Ministerio de Agricultura pesca e alimentación e Xunta de Galicia a través da intervención LEADER Galicia, no marco da PEPAC 2023_2027
- Execución dende o 14 de xullo ata o 15 de outubro de 2025 .
#MemoriaSonora #InnovaciónSocial #Músicaderaíz #PatrimonioVivo #culturaEbenestar #FundaciónLegar #LeaderGalicia #gdrpontevedramorrazo #somosGDR
