O Consello da Xunta ven de autorizar a convocatoria 2025_26 das axudas da intervención LEADER, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), así como as facilidades de acceso ao financiamento.
O importe das axudas será de 12.641.423,36 euros, para o ano 2025, e se xestionarán a través dos 24 GDR de Galicia
A convocatoria publicarase a finais de abril ou principios de maio no Diario Oficial de Galicia e o prazo para presentar solicitudes será de 30 días dende a publicación no DOG.