A IXP Ribeiras do Morrazo segue consolidándose como un selo de calidade que protexe e promove os viños da nosa comarca. O traballo das adegas adheridas non só garante un produto diferenciado e con identidade, senón que tamén impulsa a economía local, crea oportunidades para pequenos produtores e pon en valor os nosos recursos naturais.
No GDR Pontevedra Morrazo, celebramos a incorporación da adega de Moaña “Bodegas Costas de Exportación” á IXP Ribeiras do Morrazo!
Unha aposta polo viño do Morrazo e o seu futuro
Con esta nova adega, fortalecemos a presenza do viño do Morrazo dentro do panorama galego, apostando por un sector que combina tradición e innovación. Ademais, reafirmamos o compromiso do GDR Pontevedra Morrazo co apoio aos proxectos que contribúen ao desenvolvemento do noso territorio, xerando riqueza e potenciando a identidade rural.