Este xoxes, tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude, o acto de sinatura dos Convenios de Colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural para financiar os gastos de funcionamento, animación, formación e cooperación dos vindeiros 3 anos da medida LEADER GALICIA
Ademais, esta medida contemplará outros 39,3 millóns de euros adicionais destinados ao desenvolvemento das operacións a terceiros, polo que o orzamento total inicial ascende aos 56,9 millóns de euros ao abeiro do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027.