As propostas de proxectos piloto, centran o debate do FORO VIRTUAL do GDR para a elaboración da estratexia 2023_27

Momento Foro Virtual de contraste do GDR Pontevedra Morrazo Momento Foro Virtual de contraste do GDR Pontevedra Morrazo

O Foro Virtual celebrado este mércores permitiu poñer en común e contrastar con todas as persoas e entidades participantes a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas 2023_27 do territorio. Ademais puidéronse tratar e debater as propostas de proxectos piloto do ámbito agrario e forestal, xurdidas dos diferentes paneis estratéxicos convocados polo GDR nos que participaron diversas persoas, colectivos, entidades, empresas, universidades e centros de investigación do territorio.

Trátase de proxectos de carácter innovador, con capacidade de arrastre e relevantes para a economía e a sociedade.

En concreto abordouse un proxecto do ámbito agrario que explora novas vías para loitar contra as enfermidades do viñedo para acadar a través do coñecemento científico e as novas tecnoloxías unha viticultura máis sustentable e respectuosa co medio. O proxecto centrarase nas castes autóctonas máis comúns na IXP Ribeiras do Morrazo, albariño, tinta femia (caiño tinto) e mencia e a variedade ratiño, como singularidade dentro da D.O. Rias Baixas do territorio. O proxecto, no que participarán adegueiros e viticultores do territorio, contará co apoio técnico e científico da Misión Biolóxica de Galicia e da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

No ámbito forestal, apostouse polas posibilidades do monte como secuestradores de carbono, ante a demanda emerxente, cada vez maior, de empresas que buscan como lograr a neutralidade carbónica reducindo e compensando as súas emisións de CO2. Trátase de que o carbono se convirta nun novo recurso forestal que anime aos propietarios do monte a practicar unha silvicultura máis sustentable. O proxecto concebido fora do mercado regulado, apela á resposabilidade social corporativa para contribuir á descarbonización do territorio apostando por proxectos forestais locais sustentables.