Novos espazos de participación para o deseño da estratexia 2023_27 do GDR

NOVOS GRUPOS ESTRATÉXICOS DO GDR NOVOS GRUPOS ESTRATÉXICOS DO GDR

Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, pon e marcha diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais:

  • Día 22/11: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (Presencial). Sede GDR Pontevedra Morrazo
  • Día 24/11: Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial. (Virtual)
  • Día 24/11: Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías(Virtual)

Ademais, para rematar esta 1ªfase do proceso participativo contrastaremos nun foro virtual, a Diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio:

  • Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos

Para participar en calquera destes espazos, é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29