Obradoiro de traballo Alternativas para a posta en valor da viticultura en Bueu

O luns 27 de setembro o GDR Pontevedra-Morrazo organizou, en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu, un obradoiro de traballo no Centro Social do Mar dentro do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo, continuando así co diagnóstico e análise das diferentes alternativas que permitan poñer en valor as castes e os viñedos da zona, contribuír a evitar o arranque ou abandono dos mesmos, e impulsar o aumento da superficie en produción certificada dentro da citada IXP.

Ningún evento vindeiro!