Comisión de Seguimento do convenio de colaboración entre a Agader e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo

O pasado venres tivo lugar a constitución da Comisión de Seguimento do convenio de colaboración entre a Agader e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo segundo ao previsto na cláusula 23ª do convenio de colaboración para a aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local conforme á medida Leader do PDR de Galicia 2014-20. Na citada Comisión actuaron como representantes de Agader o subdirector de Relacións cos GDR, Moisés Blanco Paradelo e o xefe de área de Seguimento e Control de Programas, José Sanlés, e como representante do GDR actuou o xerente, José María Tobío. Entre outros asuntos, tratouse o Convenio de Colaboración asinado entre AGADER e o GDR, a xestión das convocatorias de axudas Leader e a Estratexia de Desenvolvemento Local.