O GDR participa na xornada do proxecto Agritox: Micotoxinas e sanidade vexetal no sector vitivinícola de Galicia

O GDR participou na xornada de Micotoxinas e sanidade vexetal no sector vitivinícola de Galicia, enmarcada dentro do proxecto Agritox, que tivo lugar no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra. Este proxecto de colaboración financiado por INTERREG Espazo Atlántico para a investigación na área das micotoxinas en alimentos e pensos ten como obxectivo proporcionar información e solucións técnicas ás industrias alimentarias e de pensos da Área Atlántica para evitar a contaminación por micotoxinas.
Ningún evento vindeiro!