O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases telemáticas dentro do programa formativo “Xestión Agroforestal Sustentable 2020” que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo.
Esta modalidade de teleformación permite recibir a formación dunha maneira segura e tamén moi dinámica, dado que os alumnos poderán interactuar co profesorado, realizando consultas do mesmo xeito que o farían presencialmente, contando co apoio e acceso permanente, ao material formativo en liña, así como ás gravacións de cada sesión.
Nesta edición 2020, de 27 horas lectivas, abordaremos os seguintes contidos didácticos:
- Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico.
- Regulamento europeo de produción ecolóxica.
- Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
- Deseño do horto ecolóxico.
- Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo.
- Operacións de cultivo.
- Fertilización.
- Bases para a elaboración de compost.
- Pragas, enfermedades e malas herbas (Clasificación. Tratamento e control)
- Manexo vexetativo (Métodos de multiplicación de plantas. Poda. Asociacións rotacións de cultivos).
- Comercialización (A comercialización dos productos. Canles de distribución e venda. Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa. Esquema dun plan de marketing).
O curso de Horticultura Ecolóxica terá continuidade ata o 13 de outubro, no que finalizará cunha visita a unha explotación hortícola ecolóxica.