O GDR Pontevedra Morrazo concede cerca de 700.000 euros de axudas para dinamizar o rural dentro da anualidade 2018/19

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2018/19 de axudas europeas Leader por importe de 698.265,12 euros de axuda pública e 1.842.306,28 euros de investimento total para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.

De entre as solicitudes presentadas ata 31 de maio de 2018, a Xunta Directiva aprobou 21 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2018/19 e contribuirán a creación e consolidación de 59,95 empregos (UTAS) dos cales 10,81 empregos serán de nova creación.