Visita de traballo dos participantes no curso "Agricultura ecolóxica", comprendido dentro do programa formativo "Xestión agroforestal sustentable" que o GDR está a desenvolver, ás instalacións de Hifas da Terra e Pilar Vispo Rodríguez para coñecer de primeira man a súa experiencia neste ámbito.
Agradecer a ambos a súa colaboración e a boa atención dispensada.
O 03 de setembro arrancaron no Pazo da Cultura de Pontevedra os cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable que desenvolve o GDR Pontevedra Morrazo.
As accións formativas que se van a desenvolver durante este mes de setembro son:
O obxectivo da campaña é dar a coñecer a IXP Ribeiras do Morrazo a sociedade/mercado, darlle visibilidade, identidade, e dicir pretende o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía cunha dobre finalidade:
A MENSAXE
EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE DINAMIZACIÓN,
EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE POSICIONAMENTO,
A campaña vai a incidir nos VIÑOS XENÉRICOS DA IXP, NA SÚA IDENTIDADE E AUTENTICIDADE, NO SEU CARÁCTER OCEÁNICO... pero tamén vai incidir NOUTROS ELEMENTOS OU ATRIBUTOS INTANXIBLES, na súa historia etc., porque detrás do recoñecemento da IXP hai tamén unha historia dun David que naceu
á sombra dun Goliat, a historia dun territorio vivo de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos
EN DEFINITIVA a campaña pretende que cando unha persoa tome un Ribeiras do Morrazo, saiba que ademais de beber un VIÑO SAUDABLE, FRESCO, OCEÁNICO... DE CALIDADE, esta contribuíndo a frear o abandono de viñedos, a fixar poboación, a preservar a paisaxe, a apoiar a economía local... en definitiva, contribuíndo ao DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DO TERRITORIO.
MEDIOS
A campaña articulase en torno ás redes sociais, FACEBOOK, INSTAGRAM E YOUTUBE
Na redes esta previsto realizar un concurso de vídeo e fotografía co lema QUE HAI NESTA BOTELLA? para buscar a complicidade e apoio dos públicos aos que nos diriximos.
Contempla a creación e edición de material multimedia (Reportaxe fotográfica, Clips de vídeo, Desenvolvemento dun Storytelling, Grafismo común) que alimente as redes sociais e paxina web así como cartelería e folletos
DIFUSIÓN E PUBLICIDADE
A campaña vaise difundir e publicitar a través das propias redes sociais medios de comunicación on line e off line, prensa especializada e TVG.
#ixpribeirasdomorrazo #viñosoceanicos #quehainestabotella? #haifuturo #gdrpontevedramorrazo
MÁIS INFORMACIÓN
https://www.youtube.com/watch?v=vUZRz4ItF9Y
https://www.facebook.com/961447397374110/videos/863745200679739/
Este xoves 16 de agosto presentamos na Casa da Luz do Concello de Pontevedra a campaña de dinamización e promoción da IXP Ribeiras do Morrazo: QUE HAI NESTA BOTELLA?
Ao acto asistiron o presidente do GDR Miguel Anxo Fernández Lores, o Director Xeral da AGADER, Miguel Angel Pérez Dubois, o vicepresidente da Asociación galega de sumilleres, D. Antonio Portela, o xerente do GDR José Mª Tobío así como representantes dos diferentes concellos do territorio da IXP, representantes do sector, das asociacións de viticultores e Adegueiros, prensa especializada, etc.
#ixpribeirasdomorrazo #viñosoceanicos #quehainestabotella? #haifuturo
MÁIS INFORMACIÓN
https://www.youtube.com/watch?v=vUZRz4ItF9Y
https://www.facebook.com/961447397374110/videos/863745200679739/
https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2018/19 de axudas europeas Leader por importe de 698.265,12 euros de axuda pública e 1.842.306,28 euros de investimento total para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
De entre as solicitudes presentadas ata 31 de maio de 2018, a Xunta Directiva aprobou 21 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2018/19 e contribuirán a creación e consolidación de 59,95 empregos (UTAS) dos cales 10,81 empregos serán de nova creación.
Dende este mércores 18 de xullo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo o vindeiro mes de setembro.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2018)” de 70 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de setembro son:
Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.
Os cursos, que incluen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
Inscrición gratuíta no telefono de contacto 986 108 144 ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Hoxe, os participantes na xornada sobre "Fórmulas de emprendemento cooperativo e colaborativo", comprendida dentro do programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" que este GDR está a desenvolver, visitaron as adegas Moraima e Paco & Lola para coñecer de primeira man dous exemplos de cooperativa vitícola.
Agradecer as dúas adegas a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa iniciativa cooperativista e a posterior visita guiada ás instalacións.
O 28 de xuño tivo lugar o I Encontro Leader Galicia 2018, un evento de todos os GDR de Galicia organizado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) no que o GDR Pontevedra Morrazo presentou a Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo e os proxectos da IXP nos que estamos a traballar.
No acto contamos coa participación de Antonio Portela, Vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia que deu a coñecer os viños da IXP.
O 26 e 27 de maio celébrase a VII Mostra do Viño de Vilaboa na que se concentrarán os colleiteiros locais para por en valor os viños da terra. Esta será a primeira que se faga baixo a cobertura da IXP Ribeiras do Morrazo, a que pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, e contará con numerosas actividades que terán lugar ao longo da fin de semana entre as que destaca a I Cata profesional das adegas da IXP.
O lugar de celebración será o Adro das festas de Santa Cristina de Cobres.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, en colaboración coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.
No ano 2017 iniciouse un programa formativo de carácter práctico, para impulsar a participación activa dos axentes implicados no seu desenvolvemento e a articulación da citada indicación xeográfica protexida Viños do Morrazo, cun enfoque eminentemente ascendente. Para isto, realizouse unha proposta de traballo que conxugou accións formativas diversas para reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, fortalecendo deste xeito á propia figura de protección da calidade.
O programa formativo do 2018 pretende dinamizar o sector vitivinícola, potenciando os seus coñecementos e o traballo en conxunto en torno ao que este selo de calidade supón. Este realizarase dende o mes de maio ata o de setembro, en diferentes localidades do territorio da IXP.
Esta proposta de traballo basease nunha metodoloxía de formación-acción, que ten como obxectivo fundamental o de realizar un programa formativo de carácter práctico, que impulse a participación activa dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.
Os principais obxectivos que persegue o programa formativo 2018 son:
Programa formativo
O prazo de presentación das solicitudes de axuda para a primeira proposta anual de selección de proxectos da anualidade 2018/19 rematará o 31 de marzo de 2018.
De acordo coa normativa de procedemento administrativo, ao ser este un día inhábil, a data de fin de prazo pasa a ser o 02 de abril de 2018, sendo a hora límite para a presentación de solicitudes na sede electrónica as 23:59 h. e no rexistro do GDR as 14:00 h. Nos concellos nos que o día 02 de abril de 2018 sexa festivo local e teñan a presentación electrónica rematará o día 03 de abril ás 23:59 h.
Así mesmo, lembramos que a presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Máis información:
http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/axudas/formularios
O GDR Pontevedra - Morrazo ven de asistir a primeira xuntanza da Mesa de Turismo da Deputación de Pontevedra, futuro órgano de coordinación entre esta institución e as entidades públicas e privadas do sector turístico.
A creación desta Mesa de Turismo da provincia de Pontevedra nace con carácter propositivo, de observación e seguimento do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia 2017-2020, buscando a colaboración pública e privada, especialmente nos campos da coordinación, xestión, promoción, ordenación, innovación e internacionalización da provincia como destino turístico.
Esta Mesa estará composta por vinte persoas, entre as que estarán a presidenta da Deputación e outros tres representantes da Administración provincial. Así mesmo, contarase con membros de Turismo de Galicia, da Secretaría de Turismo do Estado, así como das cidades de Pontevedra e Vigo e con dúas persoas en representación dos concellos de interés turístico da provincia. Igualmente, terán cabida un representante dos destinos adheridos ao SICTED, unha persoa dos Grupos de Acción Local Participativa do Sector Pesqueiro (GALP), outra persoa en nome dos Grupos de Desenvolvemento Rural e asociacións ou mancomunidades de municipios, tres representantes do ámbito académico e universitario vinculado ao turismo, un representante do aeroporto de Peinador e tres do sector privado (Clúster de Turismo, Federación provincial de Hostelería e Ruta do Viño Rías Baixas).
O Centro cívico do concello de Barro albergou a primeira dun novo ciclo de xornadas informativas que o GDR vai desenvolver polos 13 concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, con motivo da convocatoria de axudas da medida LEADER Galicia 2014-2020, anualidades 2018/19.
Estas Charlas, abertas ao público en xeral, teñen como principal obxectivo dinamizar e achegar a información das axudas aos potenciais beneficiarios; asociacións, comunidades de montes, PEMES, emprendedores e promotores en xeral.
Nas xornadas informase das liñas de actuación e tipoloxía de proxectos susceptibles de seren subvencionados, así como dos requisitos, procedementos, baremo etc. que haberá que cumprir para optar con éxito ás axudas do Leader Pontevedra Morrazo.