Un luns inolvidable cos nosos viños galegos como estrelas. O pasado luns 30 na Aula de Cata Paadín, descorchamos historias, sabores e tradicións coas nosas Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia. E qué mellor xeito de aprendizaxe que entre copas e confraternidade!
Grazas a todasas persoas que viñeron e participaron! A vosa presenza fixo que a cata fose un evento para lembrar e demostrou que a comunidade do viño en Galicia é forte e vibrante.
Permanece atentos ás nosas redes sociais @gdrpontevedramorrazo para estar ao tanto das novas sobre as IXP de viño galegas.
Este venres 27 de outubro iniciamos unha serie de catro eventos temáticos sobre a "Ruta dos Viños Oceánicos" ??. Este primeiro tivo como tema central "Viños e gastronomía".
— Tivemos un emocionante faladoiro con Xose Cannas, Miguel Anxo Besada e Manuel Gago, onde se debatiron temas interesantes sobre o noso patrimonio gastronómico ligado sempre cos viños.
— O ambiente foi animado polas actuacións do mestre gaiteiro Xavier Blanco.
— Ademais, disfrutamos dunha cata guiada co enólogo Txema Ureta, unha experiencia inolvidable para todos os asistentes.
Se non puideches asistir, non te preocupes! Temos máis eventos preparados para ti. Podes inscribirte nos seguintes eventos de xeito gratuíto a través deste link.
Esperámosvos!
O pasado luns 23 asistimos en Vigo, ao penultimo evento do Tunel dos Viños. O evento tivo lugar no espazo MUTA, e contou coa presenza de dous grandes expertos do sector vitivinícola: Alejandro Paadín e Martiño Santos.
Alejandro Paadín, recoñecido pola súa ampla traxectoria, brindounos cunha masterclass que mergullou aos asistentes nas profundidades da enoloxía. Pola súa banda, Martiño Santos dirixiu as catas comentadas, nas que cada viño revelou a súa personalidade e historia. O próximo evento será en A Coruña o luns 30.
¡Esperámosvos en A Coruña!
Este mércores 18 inaugurouse a exposición “A RUTA DOS VIÑOS OCEÁNICOS" nas instalacións do GDR Pontevedra Morrazo.
A “Ruta dos Viños Oceánicos” é un Itinerario enocultural da IXP Ribeiras do Morrazo, co fío condutor da cultura do viño na península do Morrazo e nas marxes atlánticas de Pontevedra, Redondela e Poio.
Un itinerario enoturístico baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira arredor da nosa tradición vitivinícola. Unha ruta inspirada nos principios definitorios marcados pola UNESCO para os Itinerarios Culturais e que une os diferentes concellos e comarcas cuxa arraigada tradición cultural tivo como protagonista os viños e as castes da IXP Ribeiras do Morrazo.
Ao acto de inauguración asistiron os alcaldes, alcaldesas e demais representantes dos concellos do territorio, as adegas da IXP e numerosas persoas ligadas ao mundo do viño e do turismo.
Na xornada ademais de dar a coñecer os valores da Ruta, púidose desfrutar da actuación musical de Xabier Blanco e dos viños de Ribeiras do Morrazo.
Próximas actividades
Entre o 27 de outubro e 24 de novembro celebraranse 4 eventos temáticos, cunha mesa redonda ou faladoiro, una peza musical relacionada co tema do coloquio e catas comentadas para probar e coñecer mellor os viños de Ribeiras do Morrazo.
A “Ruta dos Viños Oceánicos” é un Itinerario enocultural da IXP Ribeiras do Morrazo, co fío condutor da cultura do viño na península do Morrazo e nas marxes atlánticas de Pontevedra, Redondela e Poio.
O vindeiro venres 27 de outubro comezá a primeira das catro actividades de divulgación sobre a "Ruta dos Viños Oceánicos" da IXP Ribeiras do Morrazo que terán lugar na sede do GDR Pontevedra Morrazo.
Serán catro eventos temáticos con prazas limitadas que contarán, cunha mesa redonda ou faladoiro, unha peza musical relacionada co tema do coloquio e catas comentadas para probar e coñecer mellor os viños de Ribeiras do Morrazo, na cal xa te podes inscribir de xeito gratuíto cubrindo o seguinte formulario.
27 de OUTUBRO 18:00h.
VIÑOS E GASTRONOMÍA
Faladoiro
Música de raiz
Cata comentada
3 de NOVEMBRO 18:00h.
VITICULTURA, CASTES E VINOS DA IXP
Faladoiro
Música de raiz
Cata comentada
10 de NOVEMBRO 18:00h.
O POTENCIAL ECONÓMICO E TURÍSTICO DAS RUTAS ENOCULTURAIS
Faladoiro
Música de raiz
Cata comentada
24 de NOVEMBRO 18:00h.
HISTORIA, PATRIMONIO, E CULTURA DO VINO
Faladoiro
Música de raiz
Cata comentada
Lembra as prazas son limitadas e xa está aberta a inscrición gratuíta cubrindo o seguinte formulario
O pasado Luns 16 de outubro tivemos a oportunidade de asistir ao Túnel dos viños das IXP de Galicia en Ourense, unha experiencia inesquecible para os amantes dos viños galegos.
De 11h00 a 13h00: Disfrutamos dunha masterclass impartida por Luis e Alejandro Paadín.
Ás 17h00 e ás 18h00: Tivemos as catas comentadas ofrecidas por Martiño Santos onde cada viño foi unha descuberta e os seus comentarios expertos axudáronnos a apreciar aínda máis cada trago.
O encontro desenvolveuse no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Podeds asistir aos seguintes eventos incribindote na web viños.ixp.gal
O pasado 10 de outubro, o edificio da Deputación Provincial de Lugo serviu de escenario para as xornadas sobre os viños das IXP de Galicia, dirixidas especialmente a profesionais e amantes do vino.
Dende as 11 ata as 13 h., Alejandro Paadín impartiu unha charla especializada sobre as particularidades dos viños das IXP galegas. Máis tarde, entre as 17 e as 20 h., Martiño Santos conducíu tres degustacións didácticas para os participantes.
Ao longo do día, mostráronse os viños procedentes das cinco IXP de Galicia (Val do Miño Ourense, Terra de Barbanza e Iria, Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Terras do Navia) e tamén se disponibilizaron paneis explicativos sobre estas denominacións.
A reunión tamén foi o marco para un diálogo produtivo entre viticultores e bodegueiros, co obxectivo de dar os primeiros pasos cara a creación da futura asociación das IXP vinícolas galegas, buscando fortalecer os lazos e a organización entre todos os involucrados das IXP.
O martes 10 de outubro celebrarase no Edificio da Deputación Provincial de Lugo o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia, incluidos os da recén incorporada IXP Terras do Navia, para coñecer as súas características diferenciais.
A seguintes citas serán:
As prazas son limitadas e xa está aberta a inscrición gratuíta cubrindo o seguinte formulario.
Este evento ten lugar dentro do proxecto de cooperación para o desenvolvemento e dinamización das IXP de viños de Galicia, no que cooperan 6 Grupos de Desenvolvemento Rural e 16 adegas das diferentes indicacións de Galicia. Está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar este venres os proxectos da convocatoria 2023/24 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2023, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2023/24 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.838.837,33 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 46,58 empregos (UTAS) dos cales 7,75 empregos serán de nova creación e 38,83 de consolidación. A proposta de axuda pública total concedida de 583.580,06 euros será cofinanciada con fondos do FEADER (75%), AGADER (22,5%) e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).
Este xoves celebrouse no Pazo de Quián en Boqueixón a Xornada de presentación e coordinación do proxecto de cooperación “Desenvolvemento e Dinamización das IXP de Viños de Galicia 2023”.
Tratase dun proxecto promovido por seis Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 16 adegas repartidas entre as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia.
Ao longo desta mañá representantes das 16 adegas que forman parte das cinco IXP de Viños de Galicia, presentes nas catro provincias galegas, e os representantes de AGACAL, do grupo coordinador GDR Pontevedra Morrazo, do GDR DELOA, do GDR Mariñas-Betanzos, do GDR ADERCOU, do GDR Salnés-Ulla-Umia e do GDR Montes e Vales Orientais reuníronse para avanzar nesta segunda edición do proxecto de cooperación. Un proxecto que pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.
Desta forma, levaranse a cabo accións que poñan en valor ao produto, ao territorio e aos produtores e que axuden a consolidar as marcas comerciais en cada IXP, a que haxa un maior coñecemento das IXP e unha mellor percepción social das propias comarcas amparadas, así como un mellor posicionamento enoturístico das adegas e territorios.
Algunha destas accións serán: a creación e posta en marcha da asociación de adegas das IXP de viños de Galicia, traballar na mobilización ou recuperación da terra agraria para aumentar a base territorial das explotacións vitícolas, a creación de itinerarios enoturísticos nas IXP de Viños de Galicia ou a celebración de catro masterclass de viños das IXP de Galicia (Coruña, Lugo, Ourense, Vigo) de formación e divulgación sobre a viticultura e os viños, que incluirán catas comentadas e a degustación de viños das diferentes IXP de Galicia.
O proxecto está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 e conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 16 adegas que se distribúen nas cinco Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia: Adega Ardán, Adega Os Areeiros, Mercedarios do Mosteiro de Poio, Reboraina e Videiras no Mar na IXP Ribeiras do Morrazo; Adega Entre os Ríos, Bodegas Calidade Antonio Saborido, Bodegas Torres Augusti, e Cazapitas na IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria; Pagos de Brigante, Adegas Bordel, Adegas Rilo na IXP Viños da Terra de Betanzos, Adega Terras Mancas e Vides Singulares na IXP Val do Miño-Ourense e Adega Panchín e Adega Sidrón na IXP Terras do Navia.
Este xoves, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou Xunta directiva e Asemblea xeral, nas que se aprobou, entre outros asuntos a Estratexia de desenvolvemento participativo (EDLP) 2023_27 que orientará os fondos europeos do Programa LEADER dos vindeiros anos no territorio.
A estratexia coordina e integra todos os elementos, todas as accións e actuacións sobre o territorio dirixíndoas a conseguir o obxectivo xeral de promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local.
Para isto o Plan de acción contempla pequenos investimentos destinados á diversificación das actividades non agrícolas no rural reforzando o sector agrario e forestal e mellorando a competitividade das zonas rurais e fomentando ao mesmo tempo un modelo produtivo inclusivo e diversificado, que tende cara a dixitalización, a transición ecolóxica e a sostibilidade
No que se refire ao conxunto da economía rural, para mellorar a calidade de vida e benestar social da poboación rural, o Plan prioriza os investimentos destinados á prestación de servizos básicos que axuden a manter as persoas no rural, creando emprego e reducindo o risco de pobreza.
Ademais dase prioridade aos proxectos vinculados aos diferentes instrumentos establecidos na Lei de recuperación dá terra agraria de Galicia, tanto a aqueles orientados ao aproveitamento agrícola, gandeiro ou forestal da terra, como a aqueles destinados a mellorar a calidade de vida da poboación rural.
No Plan de acción tamén se incorpora unha nova forma para fomentar o emprego no rural; o Bono activa rural. Trátase dunha axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrícolas en zonas rurais. A axuda non se vinculará á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial que deberá demostrar a súa viabilidade técnica e económica, apoiándose nas condicións de mercado.
No plan de formación afondase na viticultura sustentable proporcionando coñecementos e habilidades para implantar prácticas sostibles na produción de viño e contribuír ao desenvolvemento dun sector máis responsable e respectuoso co medio ambiente, e na Silvicultura sustentable, para implantar prácticas forestais sostibles, centrándose en cultivos alternativos á madeira, como as oliveiras e as castañas, e aproveitando as oportunidades dos mercados de carbono.
No plan de cooperación, contémplase 4 proxectos, en colaboración cos GDR de Galicia, que teñen como finalidade:
Finalmente, a estratexia tamén contempla actuacións propias do GDR no ámbito da animación e dinamización territorial, como o desenvolvemento da “Ruta dos viños oceánicos” da IXP Ribeiras do Morrazo, o proxecto "Memoria sonora" de activación da memoria a través da música de Raíz nos centros de día subvencionados polo GDR, ou a campaña de sensibilización ambiental para preservar a paisaxe, así como mesas redondas, xornadas , seminarios etc. para poñer en valor poñer en valor e potenciar a Estratexia e contribuír ao desenvolvemento do territorio e a reforzar a gobernanza das súas entidades.
En cada uno de los pdf's encontrarás información sobre los Contratos Menores Adjudicados en el periodo indicado./p>
Este xoves, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou o FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 que culmina o proceso participativo para elaborar a estratexia dos vindeiros anos do territorio.
No foro afondouse a necesidade de deseñar unha estratexia que coordine e integre todos os elementos, todas as accións e actuacións sobre o territorio dirixíndoas a conseguir o obxectivo xeral de promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local.
Para isto o plan abarcará pequenos investimentos destinados á diversificación das actividades non agrícolas no rural reforzando o sector agrario e forestal e mellorando a competitividade das zonas rurais e fomentando ao mesmo tempo un modelo produtivo diversificado e respectuoso co medio ambiente.
No que se refire ao conxunto da economía rural, para mellorar a calidade de vida da poboación rural, o Plan priorizará os investimentos destinados á prestación de servizos básicos que axuden a manter as persoas no rural, creando emprego e reducindo o risco de pobreza.
Ademais fíxose fincapé na sustentabilidade ambiental e na necesidade de conservación dos recursos naturais das zonas rurais, apostando pola adopción de prácticas agrícolas e gandeiras respectuosas co medio ambiente, como o uso eficiente da auga, a xestión adecuada dos residuos e o uso reducido de pesticidas e fertilizantes químicos.
Entre outras accións, promoverase a protección e conservación da biodiversidade no rural mediante o fomento de prácticas agroecolóxicas, a creación de espazos naturais protexidos e a restauración de ecosistemas degradados. Fomentarase o uso de enerxías renovables no sector rural, promovendo a instalación de sistemas de enerxía solar, eólica ou outros limpos. Tamén se buscará promover a economía circular nas comunidades rurais, promover a reutilización, a reciclaxe e a redución de residuos.
Estas medidas contribuirán á conseguir un rural máis sostible dende o punto de vista ambiental, onde se promoverá a biodiversidade, se reducirá a pegada ecolóxica e se promoverá a transición cara a unha economía verde.
O vindeiro xoves, 15 de xuño de 2023, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o FORO FINAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para rematar a elaboración da futura estratexia do territorio.
O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
Queremos coñecer a túa opinión, para definir entre tod@s os principais obxectivos e proxectos que van marcar o rumbo do territorio nos vindeiros anos.
Por un rural vivo, dinámico e integrador,
INSCRÍBETE E PARTICIPA : https://forms.gle/2osN3y5CuMBvVmYX8
A TÚA VOZ CONTA !!