Proxecto de modernización dunha clínica odontolóxica na parroquia de Vilaboa, mediante a adquisición de equipamento médico con aparatoloxía integrada que lle permitirá: desenvolver novas actividades realizando directamente programas de cirurxías e endodoncia, reducir tempos de traballo, mellorar a capacidade asistencial complementando as prestacións actuais dun xeito máis profesional evitando a subcontratación de servizos.

Proxecto de automatización e ampliación da capacidade produtiva da planta da fábrica de mobles de Celso Tomé,S.L. ubicada nas parcelas 6 e 7-Polígono Industrial “A Facha” en Campo Lameiro.

Entre os obxectivos específicos do investimento figuran: establecer unha canle de produción principal automatizada para produtos estándar de alta demanda integrada pola maquinaria automática e reorganizar outra canle secundaria para produtos non estandarizados/por pedido composta pola maquinaria semiautomática e manual; acadando unha alta capacidade produtiva e superación de colos de botella; independizando os fluxos de produción para evitar ineficiencias; reducindo o coste unitario de produción; e producindo pezas de maior valor engadido, etc.

O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta a creación e posta en marcha dunha app turística mediante unha aplicación multiplataforma como ferramenta que canalice a experiencia dos visitantes no destino municipal e que permita valorizar os recursos e atractivos turísticos municipais a través do uso das novas tecnoloxías como canal de comunicación e interacción co turista.

Esta iniciativa ten por obxectivos: incrementar a satisfacción do turista/visitante grazas ó apoio e información prestados; dotar de tecnoloxía ó sistema de información turística municipal; facilitar a adecuación da oferta turística posibilitando a creación de novos contidos apoiados no uso das TICs; mellorar a eficiencia na promoción e xestión dos recursos turísticos do concello; incrementar a competitividade do sector turístico local e xerar novas oportunidades de negocio.

“Xestión agroforestal sustentable (2020)” é un programa formativo de 60h lectivas, baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:

Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.

Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

Para isto, o programa formativo centrarase en:

  • Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio.
  • Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.

A proposta de contidos didácticos para cada unha das accións formativas a desenvolver durante o periodo contemplado son:

  1. Horticultura ecolóxica (27 h.) Abordaranse contidos de:
  • Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico.
  • Regulamento europeo de produción ecolóxica.
  • Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
  • Deseño do horto ecolóxico.
  • Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo.
  • Operacións de cultivo.
  • Fertilización.
  • Bases para a elaboración de compost.
  • Invernadoiros.
  • Pragas, enfermedades e malas herbas (Clasificación. Tratamento e control)
  • Manexo vexetativo (Métodos de multiplicación de plantas. Poda. Asociacións e rotacións de cultivos).
  • Comercialización (A comercialización dos productos. Canles de distribución e venda. Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa. Esquema dun plan de marketing).
  1. Apicultura ecolóxica (10 h.) Abordaranse contidos de:

Apicultura ecolóxica:

  • A produción apícola dende o punto de vista ecolóxico.
  • A abella e o apicultor. Colmeas.
  • Instalación do apiario. Transhumancia.
  • Os produtos. Extracción.
  • Manipulación de colmeas. Alimentación e multiplicación.
  • Pragas e enfermidades. A Velutina.

Comercialización:

  • A comercialización dos productos.
  • Canles de distribución e venda.
  • Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa.
  • Esquema dun plan de marketing.
  1. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (23 h.)

Contido xeral:

  • Economía circular dos cultivos e valorización dos recursos propios do rural e de zonas forestais e a súa integración coas Aldeas Modelo.
  • Deseño sostible e rendible en plantacións de froiteiras, froitos do bosque, aromáticas e medicinais.
  • Nocións básicas sobre os cultivos (preplantación, abonado, plantación, entitorado, mantemento, poda, aclarado, colleita e poscolleita).

Comercialización:

  • A comercialización dos productos (compota, deshidratado, liofilizado, etc.).
  • Canles de distribución e venda.
  • Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa.
  • Esquema dun plan de marketing

Proxecto de creación dun fogar residencial na parroquia de Berducido en A Lama, como empresa que ofrece servizos de estancia continua e de atención integral ás persoas maiores con necesidades de coidados que presentan unha situación de dependencia leve ou moderada; e contará cos seguintes servicios: aloxamento, manutención con dietas personalizadas, apoio ás actividades cotiás as 24 horas por persoal xerocultor, servizo de rehabilitación menor e fisioterapia, atención social, enfermaría e terapia ocupacional ou animación sociocultural

Este centro está deseñado para acadar un número previsto de 24 prazas de atención a maiores, nunha superficie construída de 438.5m2 en pranta baixa, 160.76m2 en pranta primeira e 148.18m2 en pranta segunda. O fogar residencial está distribuído en zonas comúns e area residencial; contando cun despacho de administración, sala polivalente de 63m2, sala de rehabilitación de 20.63m2, sala de curas de 6,02 m2, sala de enfermaría de 7m2, comedor de 31.15m2, 12 habitacións dobres de máis de 12m2 cos seus correspondentes baños accesibles/adaptados, etc.

Proxecto de creación dunha lavandaría autoservizo na parroquia de Seixo en Marín, localizada na rúa Torre 85-baixo 3 cunha superficie de 128.17m2.

Os servizos ofertados contemplan o autolavado e autosecado baixo a utilización de produtos biodegradables a prezos básicos, especializado no lavado húmido e cun amplo horario de apertura á cidadanía

O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta a posta en marcha dunha aula de novas tecnoloxías e multimedia na Casa de Cultura de Cerdedo que permita o acceso dos veciños á sociedade da información con conexión de balde a internet como recurso para cursos de formación, alfabetización informática nas novas tecnoloxías, actividades divulgativas, etc nun centro de uso comunitario e público.

O proxecto ten por obxectivo facilitar o uso das novas tecnoloxías, permitindo o desenvolvemento da sociedade da información e as relacións dixitais, utilizando as TICs como medio de inclusión social promovendo que todos os cidadáns poidan navegar gratuitamente a través do equipamento adquirido.

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de Calvelo e Río Tenorio coa finalidade de crear unha área de recreo forestal nunha carballeira situada na contorna do río Lérez, comunicada coa praia fluvial de Calvelo dotando á parroquia dunha zona de lecer de libre acceso como reclamo turístico e zona de esparcemento para visitantes e veciños, que complemente os servizos recreativos-lúdicos actuais da parroquia de Tenorio.

Os investimentos previstos consisten no acondicionamento da carballeira e limpeza de senda con tratamentos silvícolas en masa de frondosa, sinaléctica (paneis interpretativos e sinais tipo frecha), instalación de mobiliario complementario (mesas de pedra con bancos) e custos xerais (honorarios técnicos do proxecto).

 

Proxecto de ampliación dun centro psicopedagóxico situado en Bueu centrado nas áreas: educativa-psicopedagóxica, logopedia, atención temperá e atención á terceira idade; co obxectivo de ampliar as súas instalacións facilitando a prestación de máis servizos engadidos (obradoiros de lectoescritura, habilidades sociais, pintura, charlas informativas…) e ofertando un servizo integral do centro que lle permita complementar as actividades de reforzo socioeducativo e de terapias.

Proxecto de ampliación e modernización dunha empresa localizada na parroquia de Cerponzóns, adicada á distribución de produtos alimenticios, especialmente cárnicos en fresco para o sector da hostalaría; que busca con esta iniciativa incrementar a capacidade do negocio actual e a súa diversificación cara unha nova liña de negocio que lle permita comercializar produtos conxelados, facendo a empresa máis competitiva.