Aqueles que ainda non o fixeran poderán opinar e facer propostas ou achegas a través do cuestionario online ata o martes 29 de novembro ás 14:00h. Ligazón: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5

Ademais o vindiero mércores 30 de novembro celebraremos un FORO VIRTUAL para poñer en común e contrastar, a diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio.

Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos

Inscrición:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform

Publicado en novas

Dentro do proceso de elaboración da Estratexia 2023_2027, o GDR, puxo e marcha diferentes paneis estratéxicos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que diferentes persoas e entidades do territorio puideron opinar e facer as súas achegas e propostas para orientar os fondos do vindeiro LEADER. 

Nestes grupos de traballo abordáronse temáticas específicas e transversais:

Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (presencial): determinando os factores de innovación e sostibilidade da futura estratexia, con atención preferente ao sector agrario (viticultura, agricultura ecolóxica etc) e forestal (multifuncionalidade, enerxías alternativas, descarbonización etc). ademais a reunión serviu para afondar na definición de posibles proxectos piloto de carácter innovador que teñan capacidade de arrastre, e sexan relevantes para a economía e a sociedade.

Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial (Virtual): realizouse unha análise diagnóstica para reforzar a cohesión social e integrar dunha maneira transversal na futura estratexia propostas de futuro cara a igualdade e inclusión plena.

Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías (Virtual): Fíxose unha análise diagnóstica sobre a incorporación das diferentes tecnoloxías dixitais e o seu impacto na economía e sociedade, aportando propostas para avanzar na transformación dixital (mentoring, mellora das competencias dixitais en empresas e persoas etc)

Estes paneis permitiron que todos os grupos de interese, puideran colaborar na definición da EDLP, aportando saberes, experiencias e novas ideas.

Publicado en novas

O GDR Pontevedra Morrazo culmina a primeira fase dos traballos preparatorios para converterse en entidade colaboradora da Xunta de Galicia na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, coa solicitude formalizada este luns 01 de agosto de 2022.

Os traballos preparatorios comezaron o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras. Entre outros asuntos, aprobáronse en Asemblea xeral a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período,  e  púxose en marcha a campaña #somos GDR para animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do GDR, promovendo a participación das mulleres nos órganos de goberno e a participación activa dos socios para  o deseño da estratexia do territorio do novo período 2023_27

Ademais, houbo que elaborar unha exhaustiva documentación:

Sobre a propia entidade e asociados, indicando as propostas para garantir a participación activa dos socios, e para a promoción da participación das mulleres nos órganos de goberno e nas tomas de decisións.

Sobre a delimitación do territorio de actuación do GDR Pontevedra Morrazo caracterizando e identificando os factores xeográficos, económicos, sociais e culturais que contribúen á cohesión funcional do mesmo.

Unha memoria explicativa coa proposta do proceso participativo que se levaría a cabo, en caso de ser seleccionada, para as actuacións preparatorias da estratexia de desenvolvemento local.

E outra memoria explicativa na que se indicaba como se  afrontarán, no caso de ser seleccionado o GDR, as actuacións preparatorias para elaboración dos contidos da estratexia 2023_27. O documento inclúe as propostas metodolóxicas para o  análise e diagnóstico do contexto territorial e socioeconómico, da actuación retrospectiva das EDLP no territorio, de análise do novo marco normativo e institucional e o seu impacto previsible na futura estratexia, da análise do uso e ocupación do territorio rural no ámbito xeográfico do GDR, da coordinación coas estratexias doutros GDR de Galicia, das propostas para identificar e promover proxectos piloto así como a metodoloxía para definir os obxectivos, plan de acción, formación , animación e cooperación etc.)

Máis información

Web, facebook, instagram

695333087

Publicado en novas