Descrición
O proxecto consiste nunha intervención arqueolóxica sobre o Petróglifo de Rotea de Mendo identificado con GA36007051 e código BIC.000.134.
O municipio de Campo Lameiro está considerado coma a capital da Arte Rupestre de Galicia, e como tal atesoura gravados que son case únicos ou únicos, como é o caso do Petróglifo de Rotea de Mendo. Trátase dunha gran laxe de case 300 m2 que se caracteriza pola presenza dun gran cervo, distintas combinación circulares e figurativas, ademais dunha serie de gravados antropomorfos de difícil adscrición.
É unha das rochas máis coñecidas do concello e da arte rupestre galega, na que se contempla realizar unha intervención arqueolóxica (restauración e limpeza mediante saturación de atmósfera alcohólico coa fin de garantir a eliminación dos diferentes tipos de liques foliáceos, crustáceos e algas) que facilitar para o visitante o desfrute da rocha, unha pasarela para garantir a seguridade mínima e facilitar as persoas con certas discapacidades físicas un correcto acceso á rocha, e realizar un modelo 3D de toda a rocha que permita un mellor rexistro, compresión do gravado, e que sirva para o desfrute do patrimonio e facer "visitas" a distancia favorecendo a inclusión de información en medios dixitais e atendendo a demanda das novas tecnoloxías.
