Posta en valor dos petróglifos da CMVMC de Lourido

  • Promotor: CMVMC de Lourido
  • Localización: Vilaseca-Abeleiras, Brañas (Lourido), Outeiro Aciveiro (Biduído) en Cerdedo-Cotobade
  • Orzamento: 12.463 €
  • Axuda Aprobada: 8.724,10 €

Descrición

O proxecto consiste nunha intervención arqueolóxica de limpeza, restauración e de rexistro dos Petróglifos das Abeleiras I, II, III e os Petróglifos das Brañas I, II E III e Outeiro Aciveiro; situados á beira dun sendeiro sinalizado (non homologado) no municipio de Cerdedo-Cotobade.

A intervención arqueolóxica de restauración está baseada nas cartas do restauro e no código deontolóxico da escola superior de conservación e restauración de BBCC de Galicia sobre os petróglifos, eliminando as capas bioxénicas e facilitando a súa observación, á vez que unha roza de toda a contorna na que se inxiren as pedras e que os faga máis accesibles e visibles, á par que facilite a conservación do sitio.

A maiores, de cada petróglifo realizarase mediante o uso de novas tecnoloxías un modelo 3D baseado en fotogrametría structure for motion que permitirá a extracción dixital do calco, o cal será colocado ao pé de cada rocha.

 

Eventos -Calendario

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
No hay próximos eventos!