Aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas LEADER, convocatoria 2025

Publicadas as BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA para o ano 2025, das axudas LEADER, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

? PERSOAS BENEFICIARIAS: As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, as comunidades de montes e as súas mancomunidades e as entidades públicas de carácter local ou comarcal.
? PROXECTOS SUBVENCIONABLES: PRODUTIVOS, actividades económicas/empresariais, agrarias e non agrarias, ata un 45% e NON PRODUTIVOS, Iniciativas dirixidas a cubrir necesidades da poboación rural, e que respondan a un interese público ou colectivo, subvencionables ata un 90% segundo a prioridade.
? A CONTÍA máxima da AXUDA PÚBLICA é de 180.000 euros
? BONO ACTIVA RURAL: Trátase dunha subvención de ata 18.000 euros, destinada a apoiar a posta en marcha de actividades non agrarias no rural, ligada ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial viable durante un mínimo de cinco anos. Poderán solicitala persoas físicas que se dean de alta como autónomos e creen o seu propio posto de traballo (máis información no baremo e normas de xestión do GDR)
? ÁMBITO TERRITORIAL: Concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. Quedan excluídos os núcleos urbanos de poboación de Cangas, Marín e Pontevedra e os parques empresariais do concello de Pontevedra.
? O PRAZO de presentación de solicitudes será de 1 MES do 1 ao 30 de MAIO de 2025

#DesenvolvementoRural #AxudasLeader #GDRpontevedramorrazo #ImpulsamosOsTeusProxectos #SomosGDR #IdesasQueContan #ProxectosQueTransforman