#somosGDR é unha campaña que busca a participación activa das entidades e asociacións do territorio no Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo.
As asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio podedes formar parte do GDR.
Por que asociarse ao GDR?
- Porque vos sentides orgullosos do noso territorio.
- Porque representades un reforzo social e sectorial para o GDR.
- Traeredes novas ideas, valores e obxectivos.
- Enriqueceredes os nosos debates facéndonos máis plurais.
- Para colaborar no deseño e xestión da estratexia de desenvolvemento local.
- Para contribuír a revitalizar o rural, a facelo habitable e habitado, dinámico e integrador.
ASÓCIATE E PARTICIPA NO DESENVOLVEMENTO DO TEU TERRITORIO!
SOMOS COMPROMISO, SOMOS RURAL, #SOMOSGDR
Como Participar?
Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso, xunto coa seguinte documentación:
- Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
- Acordo do órgano competente nomeando as persoas representantes da asociación: Titular e Suplente.
- Copia dos Estatutos
- Copia da Acta de Constitución e acreditación rexistro de asociacións
- Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. dos representantes (Titular e Suplente)
- Acreditación dun ano de actividade no territorio
Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá acreditar que desenvolve unha actividade relevante en dito ámbito territorial