Presentación das conclusións do estudo para o desenvolvemento da IXP Ribeiras do Morrazo na parroquia de Cela

O mércores 13 de outubro, trala celebración de varias reunións de traballo cos viticultores de Cela e outras persoas interesadas, o GDR Pontevedra-Morrazo en colaboración coa Asociación de Vitivinicultores San Martiño de Bueu presentou no Centro Social do Mar as conclusións alcanzadas trala análise de diferentes alternativas para potenciar a viticultura na zona no marco do Proxecto de viabilidade para a comercialización e posta en valor dos recursos vitivinícolas de Bueu dentro da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.