O GDR resolve a convocatoria 2021_22 de axudas Leader con cerca de 600.000 euros para proxectos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo.

As resolucións para os proxectos da convocatoria 2021/22 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, que deberán ser emitidas por AGADER, supoñen un investimento total de 1.728.996,49 euros e unha axuda pública de 582.050,46 euros.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2021/22 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 03 de xuño de 2021, aprobáronse 10 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2021/22 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.728.996,49 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 59,05 empregos (UTAS) dos cales 14,35 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida de 582.050,46 euros será cofinanciada con fondos do FEADER (75%), AGADER (22,5%)  e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).