O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases telemáticas

O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases  telemáticas dentro do programa formativo “Xestión Agroforestal Sustentable 2020” que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo.

Esta modalidade de teleformación permite recibir a formación dunha maneira segura e tamén moi dinámica, dado que os alumnos poderán interactuar co profesorado, realizando consultas do mesmo xeito que o farían presencialmente, contando co apoio e acceso permanente, ao  material formativo en liña, así como ás gravacións de cada sesión.

Nesta edición 2020, de 27 horas lectivas, abordaremos os seguintes contidos didácticos:

  • Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico.
  • Regulamento europeo de produción ecolóxica.
  • Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
  • Deseño do horto ecolóxico.
  • Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo.
  • Operacións de cultivo.
  • Fertilización.
  • Bases para a elaboración de compost.
  • Pragas, enfermedades e malas herbas (Clasificación. Tratamento e control)
  • Manexo vexetativo (Métodos de multiplicación de plantas. Poda. Asociacións rotacións de cultivos).
  • Comercialización (A comercialización dos productos. Canles de distribución e venda. Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa. Esquema dun plan de marketing).

O curso de Horticultura Ecolóxica terá continuidade ata o 13 de outubro, no que finalizará cunha visita a unha explotación hortícola ecolóxica.