Arranca a campaña "O rural vive, vive o rural" para poñer en valor o traballo dos GDR de Galicia

Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) abranguen a totalidade do territorio rural galego. Nos últimos 30 anos de existencia os GDR veñen amosando capacidade de dinamización dos territorios cun enfoque de abaixo-arriba, cun modelo de gobernanza propio, tendo como base os recursos locais, a colaboración e o traballo en rede,  e fomentando a innovación e os procesos de cambio no rural.

A campaña ten como principal obxectivo , poñer en valor  esta  contribución á dinamización económica e social do medio rural dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia.

Máis información Facebook @gdrsdegalicia