O GDR Pontevedra Morrazo ten unha estrutura organizativa dual: por unha banda figuran os órganos sociais e por outra a estrutura da xestión.
Órganos sociais
A asociación rexerase polos seguintes órganos colexiados:
- A Asemblea Xeral.
- A Xunta Directiva.
- As mesas sectoriais.
Son órganos unipersoais, como mínimo, a Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría e a Tesourería. Os titulares destes órganos son elixidos pola Xunta Directiva de entre os seus membros, por un período de tres anos podendo ser reelixidos
- Presidente: Miguel Anxo Fernández Lores
- Vicepresidenta: María Ramallo Vázquez
- Secretario: Andrés Díaz Sobral
- Tesoureira: Carmen Puga Pereiro
A asemblea xeral
É o órgano supremo da asociación; estará integrada por todos os membros da asociación en plena facultade dos seus dereitos e nela teñen dereito a voto todos os membros efectivos
A Xunta Directiva
É o órgano de goberno, xestión e representación da asociación. Está formada polos representantes dos asociados elixidos pola Asemblea Xeral, en función da pertenza destes a cada mesa sectorial. Constará dun máximo de 21 membros: presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesourería e dezasete vogais.
A xunta directiva só estará validamente constituída cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51 % dos membros presentes ou representados.
As mesas sectoriais
As entidades integradas na Asemblea Xeral organizaranse en torno a seis mesas sectoriais nas cales poñerase en común a problemática dos sectores que representen, e presentaranse posíbeis actuacións de mellora sendo o vehículo canalizador que faga chegar á Xunta Directiva todas aquelas suxestións, demandas, proxectos e iniciativas que os sectores poidan presentar.
As mesas organizaranse nos seguintes sectores:
- “Institucional”, onde se inclúen as entidades locais, e outros organismos públicos vinculados ou dependentes delas.
- “Agrogandeira e montes” onde se inclúen as organizacións agrarias, asociacións e institucións e empresas do sector agrogandeiro e as Comunidades e propietarios de montes.
- “Economía e Turismo”, onde se inclúen as asociacións de empresarios e profesionais, sindicatos e entidades relacionadas coa economía social, turismo e artesanía.
- “Asociacións Xuvenís, Culturais, e de acción social”, onde se inclúen as asociacións xuvenís, culturais , recreativas etc. e veciñais e de acción social.
- “Igualdade”, onde se inclúen as diferentes asociacións de mulleres cuxo obxecto social estea referido, á protección e apoio deste colectivo, así como á defensa dos dereitos e intereses que lle son propios.
- “Medio ambiente”, onde se inclúen organizacións, asociacións e institucións cuxo obxecto social estea relacionado, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente.
Cada entidade deberá estar adscrita a unha mesa sectorial na que elixe aos seus representantes e participa nas decisións. A asistencia ás mesas é libre para calquera asociado/a con voz e sen voto.
Equipo xestor
O grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ao labor de dinamización, mobilización e promoción para aplicar a estratexia deseñada para ese territorio co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao abeiro da medida Leader de Galicia. É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos en función duns criterios predefinidos.
Dentro de cada anualidade, a Xunta Directiva do GDR, logo da revisión por parte de Agader de cada un dos expedientes, aprobará en réxime de concorrencia competitiva, a proposta de selección de proxectos dos que posteriormente Agader emitirá a resolución.
O GDR, para a xestión da medida Leader no marco do PDR de Galicia 2014-2020 conta co seguinte equipo técnico:
Xerente: José Mª Tobío Iglesias
Técnica: Teresa Aquino del Río
Administrativa: Isabel Taboada Portal
Funcións
As funcións específicas do equipo de xestión (xerente, técnico e administrativo) son as seguintes:
• Mobilización, animación e dinamización: fomentar o coñecemento e participación da poboación no programa.
• Promoción e captación de iniciativas: fomentar que xurdan novas iniciativas, tanto no inicio do programa coma no desenvolvemento do mesmo.
• Asesoramento e información acerca das diversas axudas financeiras ás que se pode acoller unha iniciativa, dentro do programa ou outras convocatorias de axuda pública.
• Asesoramento a orientación dos promotores na realización e execución dos seus proxectos, especialmente no referente a adecuación dos mesmos aos obxectivos e estratexias do programa.
• Informar á Xunta Directiva sobre o funcionamento e xestións realizadas polo equipo xestor.
• Realización de informes técnicos necesarios para o procedemento de instrución dos proxectos, incluíndo a recepción, avaliación e análise da viabilidade dos proxectos.
• Realizar o procedemento necesario para proporcionar á Xunta Directiva a información suficiente dos proxectos, co obxectivo de que esta emita a proposta de resolución correspondente sobre a concesión de axudas
• Seguimento dos proxectos, incluíndo as accións correspondentes ao seguimento da estratexia definida polo Grupo.
• Xestión administrativa, especialmente nos que se refire ao seguimento administrativo dos expedientes que xere o programa.
• Atención e información ao público.
• Manter reunións e contacto cos equipos técnicos dos GALP do territorio para tratar de cooperar entre todos no desenvolvemento do territorio e lograr enfocar os proxectos pola liña de axuda mais adecuada en función do tipo de proxecto ou promotor.
• Asistir ás reunións con AGADER, con calquera outro organismo ou entidade que sexan necesarias para o bo desenvolvemento do programa e do territorio.
• Reunións cos Axentes de Desenvolvemento Local de cada concello