Dereitos e obrigas

Dereitos e obrigas coma Socio do GDR Pontevedra - Morrazo
Dereitos dos asociados.

Os asociados teñen os seguintes dereitos:

  • Elixir e ser elixidos para formar parte da xunta directiva e doutros órganos que se poidan crear.
  • Participar con voz e con voto na asemblea xeral.
  • Obter información sobre calquera aspecto da marcha da asociación que lle poda resultar de interese.
  • Os demais que resulten das normas legais e dos estatutos da asociación, ou dos acordos validamente adoptados polos seus órganos sociais.
  • Participar nas actividades da asociación.
  • Ser oídos con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser informados dos feitos que dean lugar a tales medidas.
  • Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou aos estatutos.

Para poder participar na asemblea xeral e nas actividades da asociación será necesario estar ao corrente no pagamento das cotas.
 

Obrigas dos asociados.

Son obrigas dos asociados:

  • Satisfacer a cota de entrada e a de mantemento se esta estivese fixada.
  • Asistir ás asembleas xerais e acatar os estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.
  • Ocupar os cargos para os que resulten elixidos e desempeñar fielmente as obrigas inherentes a ditos cargos.
  • Participar e realizar cantas tarefas lles sexan encomendadas pola asemblea xeral, a xunta directiva, as mesas sectoriais das que formen parte ou outros órganos que se creen.
  • Ausentarse nos debates e votacións sobre asuntos nos que teñan interese directo por motivos de titularidade, económicos ou societarios, de parentesco até o terceiro grao de consanguinidade, afinidade ou adopción, ou de amizade íntima ou inimizade manifesta.
  • Fomentar os obxectivos que promove a asociación.
  • Cumprir os demais deberes que resulten dos preceptos legais e estatutarios ou dos acordos validamente adoptados polos órganos sociais.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Ningún evento vindeiro!