Publicadas as BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA para o ano 2026, das axudas LEADER, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.
Personas beneficiarias:
As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, as comunidades de montes e as súas mancomunidades e as entidades públicas de carácter local ou comarcal.
Proxectos subvencionables:
PRODUTIVOS, actividades económicas/empresariais, agrarias e non agrarias, ata un 45%
Ficha informativa - Proxectos produtivos
NON PRODUTIVOS, Iniciativas dirixidas a cubrir necesidades da poboación rural, e que respondan a un interese público ou colectivo, subvencionables ata un 90% segundo a prioridade.
Ficha informatica - Proxectos non produtivos
Contía máxima da axuda pública:
180.000 euros.
Bono Activa Rural:
Trátase dunha subvención de ata 18.000 euros, destinada a apoiar a posta en marcha de actividades non agrarias no rural, ligada ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial viable durante un mínimo de cinco anos. Poderán solicitala persoas físicas que se dean de alta como autónomos e creen o seu propio posto de traballo (máis información no baremo e normas de xestión do GDR)
Ámbito territorial:
Concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. Quedan excluídos os núcleos urbanos de poboación de Cangas, Marín e Pontevedra e os parques empresariais do concello de Pontevedra.
Prazo de presentación de solicitudes:
2 MESES, do 3 de febreiro ao 6 de abril de 2026.
Documentación Leader 2023-2027
As actuacións que poderán subvencionarse (claúsula 4ª do Convenio) son: Creación de establecementos de restauración, cos condicionantes que se indican no convenio, a creación de establecementos de aloxamento, cos condicionantes que se establecen no convenio, a creación e/ou mellora de empresas de servizos turísticos complementarios, as rutas de sendeirismo homologadas, e a construcción de miradoiros.
Tramitación para actuacións con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia:
1.- As persoas promotoras deberán solicitar nos Departamentos territoriais da Axencia de Turismo de Galicia o informe previo favorable de clasificación que corresponda segundo o tipo de establecemento.
2.- As persoas promotoras que teñan xa ese informe deben achegalo coa solicitude de axuda como “outra documentación”. As que non o teñan deberán achegar xustificante de telo solicitado.
3.- As persoas promotoras deben achegar coa solicitude de axuda a ficha que vos achegamos cuberta, como “outra documentación”.
Ficha resumo de proxectos turísticos.
Baremo e normas de xestión Leader 2023-2027
Resumo Baremo proxectos Produtivos.
Resumo Baremo proxectos Non Produtivos.
Solicitude de axudas e modelos de compromiso baremo GDR15 Leader 2023-2027
Formularios de solicitude
- As solicitudes de axuda, xunto coa documentación complementaria e compromisos do baremo GDR15, presentaranse por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2025&numpub=1&lang=gl e réxense polo Réxime de Axudas publicado, xunto coas Bases Reguladoras publicadas no DOG do día 30.04.2025.
Manual de apoio do promotor para tramitación online
-
Certificado de cumprimento dos prazos de pagamento a provedores (Lei 3/2004, do 29 de decembro) para proxectos produtivos con importe de subvención superior a 30.000,00 euros, que deberán cubrir algún dos seguintes modelos de declaración responsable/certificado.
Modelos orientativos de Declaración Responsable de Morosidade:
Certificado de morosidade para empresas con Conta de Perdas e Ganancias Abreviada
- Podes consultar os anexos normalizados a efectos informativos neste ENLACE
- O prazo de presentación e admisión de solicitudes será de 2 meses desde 3 de Febreiro ao 6 de Abril
Modelos de compromiso do baremo GDR15
Proxectos produtivos
Proxectos non produtivos
Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa GDR15 2023-2027
- Apartado A Descricion do proceso participativo
- Apartado B Análise e diagnostico do contexto territorial e socioeconomico
- Apartado C Análise da actuación retrospectiva
- Apartado D Análise do novo marco normativo e institucional e impacto previsible na EDLP
- Apartado E Análise da situacion actual do uso e xestión do territorio
- Apartado F Coordinacion das estratexias globais de desenvolvemento rural de Galicia
- Apartado G Proposta de proxectos pilotos
- Apartado H-I Obxectivos e Plan de acción da estratexia
- Apartado L Normas de xestión, Plan de seguemento e Plan Financeiro
Convenio de colaboración AGADER_GDR15
